Zeugopterus regius é unha especie de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes e familia dos escoftálmidos.Zeugopterus regius (Bonnaterre, 1788) no WoRMS.Zeugopterus regius en The Taxonomicon.
Taxonomía A especie foi descrita por primeira vez en 1788 polo naturalista francés Pierre Joseph Bonnaterre, baixo o nome de Pleuronectes regius.Ademais de por este nome, a especie foi coñecida tamén co sinónimo Phrynorhombus regius (Bonnaterre, 1788).
Características As principais características morfolóxicas desta especie son:Zeugopterus regius en FishBase. Mas Ferrà, Xavier e Canyelles Ferrà, Xavier (2000): Peixos de les Illes Balears. Palma de Maiorca: Editorial Moll. ISBN 84-273-6013-4, pp. 263-264. Corpo ovalado, deprimido e alongado, de até os 20 cm de lonxitude total. Boca terminal, ampla, e coa mandíbula inferior prominente. Os ollos, situados á esquerda, son grandes e están moi xuntos, separados por unha protuberancia ósea. A liña lateral preséntase en ambas as caras. A aleta dorsal comeza por diante dos ollos, e o seu primeiro raio é o máis longo de todos. A aleta caudal é arredondada. A cara ocular é de cor parda avermellada, con manchas de distintas tonalidadss, tamén presentes nas aletas. A súa coloración pode mimetizarse coa dos fondos onde repousa.
Hábitat e distribución Hábitat É unha especie bentónica que vive sobre fondoss areosos e limosos, onde se enterra. O individuos xuvenís son máis costeiros que os adultos, que poden chegar aos 300 m de profundidade. Distribución xeográfica Encóntrase nas costas do Atlántico nororiental (desde as illas Británicas até Marrocos), e no Mediterráneo occidental até o mar Adriático.
Bioloxía Nutrición Aliméntase vermes e crustáceos. Reprodución Ten lugar durante a primavera no Mediterráneo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Escoftálmidos Ligazóns externas Encyclopedia of Life
Categoría:Pleuronectiformes