Mikel Balenziaga Oruesagasti, nado en Zumarraga (Guipúscoa) o 29 de febreiro de 1988, é un exfutbolista vasco que xogaba de lateral esquerdo. Desenvolveu a meirande parte da súa carreira no Athletic Club, co que disputou un total de 321 partidos oficiais en dúas etapas.
Traxectoria
Comezos Nado no concello guipuscoano de Zumarraga, de pequeno participou coa súa ikastola nun torneo de fútbol que organizaba a SD Urola, que o seleccionou para o seu equipo, no que xogou un ano como dianteiro. A continuación ingresou na canteira da Real Sociedad, onde militou un ano antes de regresar dous anos ao Urola. En idade cadete regresou de novo á Real, xogando primeiro de extremo antes de reconverterse como lateral esquerdo.
En decembro de 2006 debutou coa Real Sociedad B na Segunda División B, nun partido ante o Valladolid B. Axiña se asentou como titular no filial donostiarra, adestrador por Eizmendi, co que disputou 53 partidos oficias nun ano e medio.
Athletic (1ª etapa) Internacional coas categorías inferiores da selección española, deixou Donostia en agosto de 2008, sen ter debutado oficialmente co primeiro equipo da Real, e fichou polo máximo rival histórico do club branquiazul, o Athletic Club, que pagou polo traspaso arredor dun millón de euros. Aínda que chegou a Bilbao para militar nun principio no filial, non chegou a xogar con este, pois pasou directamente ao primeiro equipo, co que debutou na Primeira División na segunda xornada, sendo titular contra o Málaga na Rosaleda. O adestrador Joaquín Caparrós colocouno formando defensa xunto aos seus novos compañeiros Iraola, Aitor Ocio e Amorebieta.
Converteuse no lateral esquerdo indiscutible durante os seguintes meses, superando a competencia de xogadores máis veteranos como Koikili e Javier Casas, e foi finalista da Copa do Rei, caendo ante o FC Barcelona de Guardiola. No verán de 2009 o Athletic fichou para o mesmo posto a Xabi Castillo, polo que Balenziaga aceptou saír cedido por unha tempada ao Numancia, da Segunda División. En Soria, adestrado por Gonzalo Arconada, disputou un total de 26 partidos oficiais, 22 deles como titular. De volta en Euskadi non entrou nos plans do técnico Marcelo Bielsa e xogou só un partido co Athletic durante a campaña 2010/11.
Valladolid En agosto de 2011 converteuse en novo xogador do Real Valladolid, asinando un contrato por tres anos. Titular indiscutible foi unha das pezas destacadas do equipo de Miroslav Đukić, que consegiu o ascenso a Primeira. Continou na gran maioría de onces iniciais da seguinte tempada, xa na máxima categoría, na que o Valladolid conseguiu sen problemas a permanencia.
Athletic (2ª etapa) Para a tempada 2013/14 volveu ao Athletic, que exerceu a opción de compra que mantiña sobre o xogador. Durante os seguintes anos converteuse no xogador favorito do histórico Ernesto Valverde, adestrador do equipo ata 2017. A súa segunda etapa no club bilbaíno prolongouse durante 10 anos, nos que o equipo acadou tres finais da Copa do Rei. Balenziaga foi titular en dúas delas, en 2015 e 2021, perdendo ambas ante o Barcelona. Na tempada 2014/15 debutou en competición europea, disputando completos tódolos partidos do seu equipo na Liga de Campións, e nas seguintes tres campañas competiu na Europa League.
Disputou un total de 321 partidos co Athletic e conquistou as Supercopas de España de 2015 e 2021. Marcou un gol coa camiseta branca e vermella, nunha vitoria por 3-1 contra o Sevilla en San Mamés en 2016.
Deportivo da Coruña No verán de 2023 baixou dúas categorías para fichar polo Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF. No equipo galego converteuse nun titular indiscutible para o adestrador Imanol Idiakez e nun dos líderes do vestiario, disputando un total de 33 partidos e contribuíndo ao ascenso á Segunda División. O 31 de maio de 2024 anunciou a súa retirada do fútbol profesional e dous días despois disputou o seu último partido, na vitoria por 2-4 sobre o Castellón na volta da final de campións da Primeira RFEF.
Trala retirada Trala súa retirada como xogador comezou a traballar nos bancos, como asistente do adestrador Javi González no Ugeraga, da Preferente Vasca. Posteriormente incorporouse ao equipo de Jokin Aranbarri no Bilbao Athletic e no verán de 2026 anunciouse que sería axudante deste na súa nova etapa no Eibar, da Segunda División.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiEuropaInclúe partidos de Liga de Campións e Europa League.OutrosInclúe partidos de Supercopa de España, promoción de ascenso a Primeira División e a Segunda División e final de campións de Primeira Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesReal Sociedad B2006/07Segunda B170 - - - - - -1702007/08Segunda B360 - - - - - -360Total club530000000530Athletic Club2008/09Primeira24020 - -00260Numancia2009/10Segunda26000 - - - -260Athletic Club2010/11Primeira1000 - - - -10Valladolid2011/12Segunda36010 - -404102012/13Primeira32020 - - - -340Total club680300040750Athletic Club2013/14Primeira31060 - - - -3702014/15Primeira3307080 - -4802015/16Primeira34040110205102016/17Primeira3313070 - -4312017/18Primeira18000100 - -2802018/19Primeira11020 - - - -1302019/20Primeira9020 - - - -1102020/21Primeira23030 - -202602021/22Primeira 26 0 30 - -20 2902022/23Primeira 3 0 10 - - - - 40Total club2461330360603211Deportivo da Coruña2023/241ª RFEF32100 - -10330Total carreira42523603601105082
Trala retirada En xullo de 2025 regresou ao Athletic Club, incorporándose ao corpo técnico do filial como axudante do adestrador Jokin Aranbarri.
Palmarés Athletic Club Supercopa de España (2): 2015, 2021.
Deportivo da Coruña Primeira División RFEF (1): 2023/24.
Notas
Categoría:Nados en Zumarraga Categoría:Nados en 1988 Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Futbolistas do País Vasco Categoría:Xogadores da Real Sociedad B Categoría:Xogadores do Athletic Club de Bilbao Categoría:Xogadores do CD Numancia Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña