miniatura|dereita|Inicio dunha carreira no ano 2011. O V8 Supercars (antigamente chamado Campionato Australiano de Turismos) é un certame automobilístico de turismos que se disputa en circuítos de Australia e Nova Zelandia dende o ano 1960. A categoría principal, para motores 5.0 litros de cilindrada, deu e segue dando grandes duelos entre as dúas marcas de coches máis vendidas de Australia: Ford e Holden.

No ano 2000, os equipos privados pasaron a ter carreiras e incluso datas de forma indepente. Isto fixo que as dúas divisións (Level One e a Level Two) tomaron o nome de V8 Supercar Championship Series e V8 Supercar Development Series.

Historia Historicamente o Campionato Australiano de Turismos acollía varias divisións diferentes, pero na década dos 60 forxouse unha rivalidade entre as marcas de Ford, Holden e Chrysler, que corrían cos seus modelos de rúa para promovelos.

miniatura|Carreira dos V8 Supercars en Shanghai no ano 2005. En 1973 adoptouse o regulamento Grupo C CAMS, o que fixo que os automóbiles puidesen ser modificados e que estes modelos non se puidesen vender ao público. En dito período apareceron novos modelos de coches importados que non lograron vencer aos autóctonos como o BMW Serie 6, o Mazda RX-7 e o Chevrolet Camaro. No 1985 adoptouse o regulamento Grupo A da FIA que permitiu aos australianos importar automóbiles estranxeiros como os Ford Sierra e os Nissan Skyline.

No 1993, o campionato estableceu unha normativa de motores V8 para os automóbiles da clase principal. O Campionato Australiano de Turismos tivo os seus 1000 km de Bathrust nos anos 1997 e 1998, polo que esta carreira tivo o nome de Austrailian 1000 Classic.

O campionato pasou a chamarse V8 Supercars en 1999 e os 1000 km de Bathrust pasaron a puntuar para o campionato. Anteriormente esta carreira puntuou para o Campionato Australiano de Marcas, pero non para o Campionato Australiano de Turismos. Dende aquela, as demais probas de resistencia contan tamén para puntuar coma na década dos 70.

Dende o ano 1995 até o ano 2012, os únicos modelos permitidos para as carreiras foron os Ford Falcon e os Holden Commodore. Teñen motores V8 de 5.0 litros cun límite de 7500 rpm que desenvolven unha potencia de entre 630 e 660 CV. O peso mínimo sen piloto ten que ser de polo menos 1.355 kg e só existe un único provedor de pneumáticos (Dunlop). Pola súa potencia os coches seméllanse máis aos do DTM e aos da NASCAR que aos Super 2000 do BTCC e do WTCC.

Na tempada 2013, Nissan e Mercedes-Benz chegaron ao campionato co Nissan Altima e co Mercedes-Benz Clase E. Na tempada 2014, tamén recalou neste campionato Volvo co seu Volvo S60.

Tipos de carreiras No V8 Supercars distínguense tres formatos diferentes de carreiras: as de Super Sprint, as de Super Street e as de Endurance Cup.

Super Sprint O formato Super Sprint utilizase para a Tasmania 400, a Winton 400, a Auckland 500, Perth 400, a Tripla Coroa de Skycity, a Ipswich 400, a Sydney Motorsport Park 400 e a Phillip Island 400.

Realízanse dúas sesións de adestramento dunha hora o venres, excepto a Auckland 500, que só ten unha de 30 minutos. Os sábados celébranse dúas sesións de clasificación de 15 minutos para decidir as posicións da grella de saída das dúas carreiras do sábado. O domingo celébrase unha soa clasificación de 20 minutos que determina os lugares de saída da posterior carreira. A Auckland 500 tamén ten outra sesión de cualificación de 20 minutos o venres para a carreira do mesmo día.

As carreiras de formato Super Sprint contan con dúas carreiras de 100 km o sábado e con outra de 200 quilómetros o domingo. Na Auckland 500 tamén se disputa unha carreira de 100 km o venres.

Super Street miniatura|300px|Whincup liderando a Sydney 500 do 2014. O formato Super Street utilízase na Adelaida 500, na Townsville 500 e na Sydney 500.

Dispútanse 4 sesións de adestramento de 30 minutos (3 o venres e 1 o sábado). A clasificación consta de dúas sesións de 15 minutos para determinar a grella do sábado e unha sesión de 20 minutos seguida dun top ten (sesión onde os 10 pilotos mellor clasificados dan unha volta para saber as 10 primeiras posicións) que decide a grella do domingo.

Os grandes premios disputados con este formato corren dúas carreiras de 125 quilómetros o sábado e outra de 250 quilómetros.

Endurance Cup miniatura|300px|Fotografía da Bathrust 1000 do 2005. Hai tres probas realizadas con este formato: a Sandown 500 , a Bathurst 1000 e a Gold Coast 600 . Estes eventos requiren a dous pilotos por coche. Xuntos forman a Copa Endurance, un premio outorgado ao condutor ou condutores que teñan máis puntos entre os tres eventos.

A Sandown 500 e a Gold Coast 600 contan con catro sesións de práctica de corenta minutos que se celebran o venres e o sábado. A Bathurst 1000 ten tres sesións de cincuenta minutos e dúas sesións de corenta e cinco minutos que se celebran durante o xoves e o venres.

A clasificación para a Sandown 500 consiste nunha sesión de vinte minutos, seguida dun par de "carreiras de clasificación" de 60 quilómetros, o sábado. As posicións de saída para a primeira carreira baséase na sesión de cualificación; as posicións da segunda carreira baséanse nos resultados da primeira carreira. Os resultados da segunda carreira determinan a grella para a carreira principal do domingo. Os co-condutores deben competir na primeira das carreiras de clasificación mentres que o condutor principal debe competir na segunda. A Bathurst 1000 dispón dunha única sesión de cualificación de corenta minutos na tarde do venres, seguido por un top ten o sábado. A Gold Coast 600 ten dúas sesións de cualificación de trinta minutos, unha para cada carreira, a sesión do sábado é seguida dun top ten. A Sandown 500 e a Bathurst 1000 teñen unha sesión de quecemento de vinte minutos pola mañá do domingo.

A Sandown 500 e os 1000 km de Bathurst constan de carreiras individuais celebradas o domingo, de 500 km e 1.000 quilómetros de lonxitude, respectivamente. A Gold Coast 600 consta de dúas carreiras con 300 quilómetros que se celebran unha sábado e outra o domingo.

Sistema de puntuación Para a puntuación das carreiras dos V8 Supercars existen varias escalas de puntos. Os puntos dánselle a todos os pilotos que polo menos acabaron o 75% da carreira. Nas carreiras de resistencia, os puntos danse na mesma cantidade tanto a un piloto como ao outro segundo o lugar no que acabe o coche.

Pos. Escala 1 Escala 2 Escala 3 Escala 4 1º 50 puntos 75 puntos 150 puntos 300 puntos 2º 46 puntos 69 puntos 138 puntos 276 puntos 3º 43 puntos 64 puntos 129 puntos 258 puntos 4º 40 puntos 60 puntos 120 puntos 240 puntos 5º 37 puntos 55 puntos 111 puntos 222 puntos 6º 34 puntos 51 puntos 102 puntos 204 puntos 7º 32 puntos 48 puntos 96 puntos 192 puntos 8º 30 puntos 45 puntos 90 puntos 180 puntos 9° 28 puntos 42 puntos 84 puntos 168 puntos 10º 26 puntos 39 puntos 78 puntos 156 puntos 11º 24 puntos 36 puntos 72 puntos 144 puntos 12º 23 puntos 34 puntos 68 puntos 136 puntos 13º 22 puntos 33 puntos 66 puntos 132 puntos 14º 21 puntos 31 puntos 63 puntos 126 puntos 15º 20 puntos 30 puntos 60 puntos 120 puntos 16º 19 puntos 28 puntos 57 puntos 114 puntos 17º 18 puntos 27 puntos 54 puntos 108 puntos 18º 17 puntos 25 puntos 51 puntos 102 puntos 19° 16 puntos 24 puntos 48 puntos 96 puntos 20º 15 puntos 22 puntos 45 puntos 90 puntos 21º 14 puntos 21 puntos 42 puntos 84 puntos 22º 13 puntos 19 puntos 39 puntos 78 puntos 23º 12 puntos 18 puntos 36 puntos 72 puntos 24º 11 puntos 16 puntos 33 puntos 66 puntos 25º 10 puntos 15 puntos 30 puntos 60 puntos 26º 9 puntos 13 puntos 27 puntos 54 puntos 27º 8 puntos 12 puntos 24 puntos 48 puntos 28º 7 puntos 10 puntos 21 puntos 42 puntos

Escala 1:Úsase para as carreiras do venres e do sábado da Auckland 500 Escala 2:Úsase para as carreiras do sábado de Super Street e Super Sprint (excepto Auckland) Escala 3:Úsase na Gold Coast 600 e nas carreiras do domingo de Super Sprint e Super Street Escala 4:Úsase para a Sandown 500 e a Bathrust 1000

Calendario Nos orixes do campionato, en cada data disputábase tan só unha carreira. No 1992, o formato pasou a ter dúas carreiras por data e no 1993, pasou a ter tres.

En 1999, coa renovación do campionato, entraron 3 carreiras especiais: os 1000 km de Bathrust, os 500 km de Adelaida e os 500 km de Queensland. Na tempada 2005, os 500 km de Queensland substituíronse polos 500 km de Sandown, unha carreira de resistencia que se leva disputando dende 1964 e que só se substituíu entre os anos 2008 e 2011 polos 500 km de Phillip Island.

Circuítos

Campións Campionato Australiano de Turismos/V8 Supercars Campionato Australiano de Turismos TempadaPilotoAutomóbil1960David McKayJaguar Mark 11961Bill PittJaguar Mark 11962Bob JaneJaguar Mark 21963Bob JaneJaguar Mark 21964Ian GeogheganFord Cortina1965Norm BeecheyFord Mustang1966Ian GeogheganFord Mustang1967Ian GeogheganFord Mustang1968Ian GeogheganFord Mustang1969Ian GeogheganFord Mustang1970Norm BeecheyHolden Monaro HT1971Bob JaneChevrolet Camaro1972Bob JaneChevrolet Camaro1973Allan MoffatFord XY1974Peter BrockHolden Torana LJHolden Torana LH1975Collin BondHolden Torana LH1976Allan MoffatFord Falcon XB1977Allan MoffatFord Falcon XBFord Falcon XB1978Peter BrockHolden Torana LX1979Bob MorrisHolden Torana LX1980Peter BrockHolden Commodore VB1981Dick JohnsonFord Falcon XD1982Dick JohnsonFord Falcon XD1983Allan MoffatMazda RX-71984Dick JohnsonFord Falcon XE1985Jim RichardsBMW Serie 61986Robbie FrancevichVolvo 2401987Jim RichardsBMW M31988Dick JohnsonFord Sierra1989Dick JohnsonFord Sierra1990Jim RichardsNissan Skyline1991Jim RichardsNissan Skyline1992Mark SkaifeNissan Skyline1993Glenn SetonFord Falcon EB1994Mark SkaifeHolden Commodore VP1995John BoweFord Falcon EF1996Craig LowndesHolden Commodore VR1997Glenn SetonFord Falcon EL1998Craig LowndesHolden Commodore VSHolden Commodore VT

V8 Supercars miniatura|Jamie Whincup foi un dos campións do V8 Supercars. TempadaPilotoAutomóbil1999 Craig LowndesHolden Commodore VT2000 Mark SkaifeHolden Commodore VT2001 Mark SkaifeHolden Commodore VX2002 Mark SkaifeHolden Commodore VX2003 Marcos AmbroseFord Falcon BA2004 Marcos AmbroseFord Falcon BA2005 Rusell IngallFord Falcon BA2006 Rick KellyHolden Commodore VZ2007 Garth TanderHolden Commodore VE2008 Jamie WhincupFord Falcon BF2009 Jamie WhincupFord Falcon FG2010 James CourtneyFord Falcon FG2011 Jamie WhincupHolden Commodore VE 2012 Jamie WhincupHolden Commodore VE2013 Jamie WhincupHolden Commodore VF2014 Jamie WhincupHolden Commodore VF2015’

V8 Supercars Development Series TempadaPiloto2000 Dean Canto2001 Simon Wills2002 Paul Dumbrell2003 Mark Winterbottom2004 Andrew Jones2005 Adam Macrow2007 Tony D’Alberto2008 Steve Owen2009 Jonathon Webb2010 Steve Owen2011 Andrew Thompson2012 Scott McLaughlin2013 Dale Wood2014 Paul Dumbrell2015

Véxase tamén

Ligazóns externas Sitio oficial do certame

Categoría:Deporte en Australia Categoría:Competicións de turismos