miniatura|260px|Symphurus ommaspilus. Obsérvese a proximidade entre os seus pequenos ollos. A dos cinoglósidos (Cynoglossidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes e suborde dos pleuronectoideos ou soleoideos, distribuídos por áreas tropicais e subtropicais mariñas, entre os 40º de latitude norte e os 40º de latitude sur, así como en estuarios, e mesmo hai cinco especies que habitan nos ríos.Menon, A. G. K. (1977): "A systematic monograph of the tongue soles of the genus Cynoglossus Hamilton-Buchanan (Pisces: Cynoglossidae)". Smithson. Contrib. Zool. (238): 1-129.<ref name=FB>[http://www.fishbase.org/summary/FamilySummary.php?Family=Cynoglossidae Cynoglossidfae] en FishBase.</ref> que son coñecidos en galego como linguas e linguas de can'.Lahuerta e Vázquez (2000), pp. 80-81.
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no eoceno, durante o terciario inferior.Berg, L. S. (1958): System der rezenten und fossilen Fischartigen und Fische. Berlin: VEB Verlag der Wissenschaften.
Algunhas das súas especies péscanse por teren certa importancia comercial.
Características As principais características morfolóxicas dos peixes desta familia son: Corpo ovalado, deprimido e moi alongado, de até 48 cm de lonxitude como máximo (usualmente duns 30 cm). Ollos moi pequenos e moi próximos entre si, ambos os dous situados no mesmo lado da cabeza (o lado pigmentado, que é esquerdo). Marxe do preopérculo cuberto pola pel. Boca asimétrica. Aleta caudal acabada en punta e confluente coas aletas dorsal e anal, formando todas un rebordo continuo ao redeor de todo o corpo do animal. A aleta pelviana dereita xeralmente subdesenvolvida. Sen aletas pectorais. A orixe da aleta dorsal á altura do ollo inferior.
Taxonomía miniatura|260px|Symphurus diomedeanus. miniatura|260px|Symphurus thermophilus. A familia foi establecida en 1888 polo naturalista e ictiólogo estadounidense David Starr Jordan.
Etimoloxía O nome da familia, Cynoglossidae está formado sobre a raíz do xénero tipo, Cynoglossus, coa terminación do latín científico ´-idae, propia dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte, o nome Cynoglossus está formado polo elemento do latín científico cyno-, adaptación do grego antigo κυνο- kyno-, que deriva de κύων, κυός kýōn, kyós, "can", e do grego γλῶσσα glôssa "lingua": literalmente: "lingua de can", polo aspecto que presentan estes peixes.
Clasificación Na actualidade recoñécense na familia dúas subfamilias, cunhas 140 especies agrupadas en tan só 3 xéneros:Cynoglossidae Jordan, 1888 no WoRMS.
Familia Cynoglossidae Jorcan, 1888 Subfamilia Cynoglossinae Jordan, 1888 Xénero Cynoglossus (Hamilton 1822) Xénero Paraplagusia (Bleeker 1865) Subfamilia Symphurinae Ochiai, 1963 Xénero Symphurus (Rafinesque 1810)
En Galicia En Galicia está rexistrada en 1983,Fariña, A. C.; F. J. Pereiro e A. Fernández (1983): "Peces de los fondos de arrastre de la plataforma continental de Galicia", II Jornadas de Ictiología Ibérica, Barcelona, 22-28 de maio de 1983. a especie Symphurus nigrescens (Rafinesque, 1810 (denominada lingua escura por Lahuerta e Vázquez), en fondos da plataforma continental menores de 200 m, desde Fisterra á Estaca de Bares.Rodríguez Villanueva et al (1995), pp. 318-319.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8. Moyle, P. & J. Cech (2000): Fishes: An Introduction to Ichthyology, 4a. edición, Upper Saddle River, New Jersey, USA: Prentice-Hall. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. & Froese, R. (2001): "Pisces", en: Costello, M. J. et al., eds. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification''. París: Muséum national d'Histoire naturelle. Collection Patrimoines Naturels, 50: 357-374. ISBN 2-85653-538-0.
Outros artigos Osteíctios Pleuronectiformes
Ligazóns externas Cynoglossidae en ADW. Cynoglossidae no ITIS. Cynoglossidae no NCBI.
Categoría:Pleuronectiformes