Hippoglossina é unha xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, o xénero tipo da familia dos paralictíidos.Hippoglossina Steindachner, 1876 no WoRMS.

O xénero comprende sete especies, segundo os autores, propias das costas do Pacífico de ambas as Américas.

Porén, unha única especie, H. oblonga, o rapante de catro ollos,Lahuerta e Vázquez (2000, p. 80. encóntrase ao longo da costa atlántica do Canadá e os Estados Unidos, e está clasificada por moitos autores no xénero Paralichthys, como Paralichthys oblongus (Mitchill, 1815).

Moitas das súas especies son de interese pesqueiro.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1876 polo zoólogo austríaco Franz Steindachner.

Etimoloxía O nome Hippoglossina é un diminutivo feminino do latín científico do xénero Hippoglossus, que inclúe ao halibut (e a varios fletáns), que é un peixe similar, pero de moito maior tamaño.

Sinónimo Ademais de polo nome Hippoglossina que lle deu Steindachner, o xénero coñécese polo sinónimo Lioglossina Gilbert, 1890.

Especies Na actualidade dentro do xénero Hippoglossina recoñécense as seguintes sete especies:Froese, Rainer, and Daniel Pauly, eds. (2014): Especies do xénero Hippoglossina en FishBase.

Hippoglossina bollmani C. H. Gilbert, 1890 Hippoglossina macrops Steindachner, 1876 Hippoglossina montemaris de Buen, 1961 Hippoglossina mystacium Ginsburg, 1936 Hippoglossina oblonga (Mitchill, 1815) - (A miúdo situada no xénero Paralichthys). Hippoglossina stomata C. H. Eigenmann & R. S. Eigenmann, 1890 Hippoglossina tetrophthalma (C. H. Gilbert, 1890)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2. Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8 Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Paralictíidos

Ligazóns externas Hippoglossina no SIIT. Hippoglossina en ADW. Hippoglossina en Encyclopedia of Life. Hippoglossina no NCBI.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca