Procés Constituent a Catalunya (Proceso Constituínte en Cataluña) é un movemento social e independentista catalán, feito público o 10 de abril de 2013 e creado para promover un cambio de modelo político, económico e social que implique o fin do capitalismo e a independencia de Cataluña.Teresa Forcades e Arcadi Oliveres entran en política. 10 de abril de 2013, tv3.cat Historia Os seus promotores iniciais foron Arcadi Oliveres e Teresa Forcades, que publicaron o Manifesto pola convocatoria dun proceso constituínte en Cataluña coa intención de que se adherise o máximo número posible de persoas ao proxecto.http://www.tv3.cat/actualitat/523960/Les-frases-mes-destacades-de-Forcades-i-Oliveres-a-Singularshttp://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/10/catalunya/1365622364_058037.html Nos primeiros nove días recibiron 25.000 adhesións.http://www.ara.cat/politica/Teresa_Forcades-Arcadi_Oliveres-Proces_Constituent_0_908309336.html
O 13 de outubro de 2013 realizaron o acto central de presentación en Montjuïc, onde asistiron ao redor de 4.000 persoas.http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/13/catalunya/1381686686_893645.html
Eleccións A intención dos promotores da iniciativa é articular unha candidatura o máis ampla posible para os próximas eleccións ao Parlamento de Cataluña, co obxectivo de defender a convocatoria dunha asemblea constituínte para definir un novo modelo de estado e de organización socioeconómico para Cataluña.
En xullo de 2014 sumouse ao proxecto da plataforma Guanyem Barcelona para intentar formar unha candidatura unitaria e rupturista nas eleccións municipais de 2015 na capital catalá. O proxecto concretouse en febreiro de 2015 baixo a marca Barcelona en Comú e a confluencia de ICV, EUiA, Equo, Podem e o propio Procés Constituent. Na lista, encabezada por Ada Colau como alcaldable, figuran varios activistas de Procés Constituent como Gerardo Pisarello (número 2), Jaume Asens (4) e Josep Bel (13). A formación foi a lista máis votada nas eleccións.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Partidos políticos de Cataluña