Mancopsetta é un xénero de peixe osteíctio da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos aquiropsétidos que abrangue unha soa especie, Mancopsetta maculata distribuída por augas antárticas e subantárticas.
Taxonomía Xénero O xénero foi establecido en 1881 polo ictiólogo estadounidense Theodore Gill.Mancopsetta Gill, 1881 no WoRMS.
Especie A especie foi descrita por primeira vez en 1880 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther, quen a denominou Lepidopsetta maculata, sendo despois reclasificada dentro do xénero Mancopsetta, polo que o nome válido actual é Mancopsetta maculata (Günther, 1880).
Sinónimos Ademais de polo nome orixinario, e o actual, ao longo do tempo esta especie foi coñecida polos sinónimos:Mancopsetta maculata (Günther, 1880) no WoRMS. Achiropsetta slavae Andriashev, 1960 Mancopsetta maculata antarctica Kotlyar, 1978 Mancopsetta maculata maculata (Günther, 1880)
Etimoloxía O nome científico Mancopsetta está formado polo adxectivo latino mancus, -a, -um, "manco", e o nome científio Psetta [nome feminino] ("rodaballo"). O nome específico, maculata deriva da forma feminina doutro adxectivo latino, maculātus, -a, -um, "manchado" (derivado de macǔla, -ae, "mancha"). Literalmente: "o rodaballo manco" [aludino á ausencia ou brevidade das aletas pectorias dos membros da familñia dos Achiropsettidae] "manchado".
Subespecies Na actualidade na especie algúns autores recoñecen, como o SIIT,Mancopsetta maculata no SIIT. (non así no WoRMS, nin na FishBase) dúas subespecies:
Especie Mancopsetta maculata Mancopsetta maculata antarctica Kotlyar, 1978 - Papapelos manco do Antártico.Lahuerta e Vázquez 2000), p. 79. Mancopsetta maculata maculata (Günther, 1880)
Características As peincipais caracaterístiocas morfolóxicas deste peixe son:Mancopsetta maculata (Günther, 1880) en FishBase. Corpo moi deprimido, de até os 50 cm de lonxitude máxima. A boca é terminal, con ambas as mandíbulas prominentes. É un peixe plano sinistro, é dicir, ambos os ollos están situados no lado esquerdo da cabeza. A aleta caudal está separada das aletas dorsal e anal. A aleta dorsal ten de 112 a 129 raios; e a anal, de 91 a 104. A aleta pelviana do lado ocular é moito máis grande que a do lado cego, e ten 7 raios, contra os 5 raios da do lado cego. A aleta caudal é arredondada. Ningunha das aletas ten raios espiñosois. A liña lateral é recta está ben desenvolvida.
Hábitat e distribución xeográfica É un peixe mariño bentónico, demersal, que vive a profundidades de entre os 100 e os 1.115 m,Gon, O. (1990): "Bathydraconidae". En O. Gon and P. C. Heemstra, eds. Fishes of the Southern Ocean. Grahamstown, South Africa: J.L.B. Smith Institute of Ichthyology, pp. 364-380. entre os 37° S e os 67° S, no océano Antártico e no sur do Atlántico e do Índico. Chega polo norte até a plataforma continental e o talude continental da Arxentina, as Malvinas e á illa do Príncipe Eduardo.Heemstra, P. C. (1990). Tamén fopi rexistrado en Chile.Nakamura, I.; T. Inada, M. Takeda and H. Hatanaka (1986): Important fishes trawled off Patagonia. Tokyo: Japan Marine Fishery Resource Research Center.
Os adultos habitan nas plataformas continentais, e as larvas e os xuvenís en augas máis superficiais.Miller, R. G. (1993): A history and atlas of the fishes of the Antarctic Ocean. Foresta Institute, Nevada.
Pesca Mancopsetta maculata é unha especie comercial,. que se pesca activamente no sur dos océanos Atlántico e Índico.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Heemstra, P. C. (1990): "Achiropsettidae". En O. Gon e P. C. Heemstra, eds.: Fishes of the Southern Ocean. Grahamstown, South Africa: J.L.B. Smith Institute of Ichthyology. Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-471-25031-7. van der Laan, R.; W. N. Eschmeyer & R. Fricke (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa Monograph 3882 (1): 1-230.
Outros artigos Pleuronectiformes Aquiropsétidos Ligazóns externas Mancopsetta no ADW. Mancopsetta na EOL. Mancopsetta no NCBI.
Categoría:Pleuronectiformes