Cecilia Vázquez Suárez, nada en Betanzos en 1977, é unha avogada e política galega do PPdeG.

Traxectoria Licenciada en dereito pola Universidade de Vigo. Responsable da Oficina transfronteiriza de información xuvenil Galicia-Norte de Portugal (2009-2010), foi presidenta da asociación xuvenil Brigantium (1999-2012) e coordinadora da rede galega de dinamización xuvenil (2011-2015). Foi nomeada directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado en xuño de 2015.Decreto de nomeamento Foi cesada en decembro de 2018,Decreto de cesamento no DOG ao ser candidata polo PPdeG á alcaldía de Betanzos nas eleccións municipais de 2019, sendo substituída por Cristina Pichel Toimil. Volveu encabezar a candidatura do PPdeG nas municipais de 2023 e foi elixida concelleira.

Notas

Categoría:Avogados de Betanzos Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Concelleiros de Betanzos

Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia

Categoría:Nados en Betanzos

Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes