Alex Christophe Dupont, nado en Suresnes (Altos do Sena) o 22 de novembro de 1960 é un director de cinema, guionista e crítico francés, coñecido como Leos Carax ([leɔs karaks]). O seu nome profesional é un anagrama do seu nome real, 'Alex', e de 'Oscar'.

Traxectoria Leos Carax naceu nos suburbios de París, fillo de pai francés e nai estadounidense.

Comezou a súa carreira cinematográfica cunha serie de curtametraxes e como crítico, antes de estrear Boy Meets Girl (1984). Este traballo estableceu a reputación de Carax co seu estilo visual. Supuxo ademais a primeira colaboración co actor Denis Lavant e co director de fotografía Jean-Yves Escoffier. Seguiu a continuación Mauvais Sang (1986) que continuou a explorar as complexidades do amor nos tempos modernos a través dun punto de vista máis escuro e criminal. O filme é unha clara homenaxe á Nouvelle Vague e o uso de actrices como Juliette Binoche foi unha proba do tributo ás súas influencias, especialmente Jean-Luc Godard.

Cinco anos despois dirixiu Les Amants du Pont-Neuf, que se converteu nunha cara obra cando as autoridades parisienses só aceptaron unha rodaxe de dez días na Pont Neuf. A reacción aos problemas de filmar nunha ponte pública levaron a construír un modelo da ponte no sur de Francia. Porén, o primeiro día de rodaxe Denis Lavant feriuse gravemente no polgar e houbo que atrasar a filmación un mes. As dificultades financeiras prolongaron aínda máis o tempo. O filme foi un éxito de crítica e abriu a porta a facer un traballo máis experimental na súa cuarta longametraxe, Pola X, adaptación dun conto sobre o incesto de Herman Melville.

Volveu ao cinema en 2012 con Holy Motors de novo con Denis Lavant.

Filmografía Director Strangulation Blues (1980) - Curtametraxe Boy Meets Girl (1984) Mauvais Sang (1986) Les Amants du Pont-Neuf (1991) Sans Titre (1997) - Curtametraxe Pola X (1999) Tokyo! (2008) - Segmento "Merde" Holy Motors (2012)

Actor King Lear (1987) Namai (1997) The Process (2003) 977 (2006) Mister Lonely (2007) Holy Motors (2012)

Notas

Véxase tamén Bibliografía Leos Carax por Fergus Daly e Garin Dowd. Publicado por Manchester University Press, 2003, ISBN 0-7190-6315-9. Ligazóns externas

"Alex in the City Entrevista sobre Pola X en YouTube. Sans Titre, curtametraxe en YouTube. "My last minute", curtametraxe en YouTube. Foco - Revista de Cinema, edición dedicada a Leos Carax

Categoría:Directores de cinema de Francia Categoría:Actores de Francia Categoría:Guionistas de Francia Categoría:Nados no departamento dos Altos do Sena Categoría:Nados en 1960 Categoría:Franceses de ascendencia estadounidense