A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas foi un partido político, de corte independente, xurdido no concello de Ponte Caldelas en abril do ano 2015. Liderado por Alfonso Rodríguez Santiago, o partido naceu, en parte, arredor do movemento de oposición á instalación dun crematorio na Reigosa. Participou nos comicios municipais de maio de 2015, obtendo o 14,9 % das papeletas e 2 asentos na corporación. Na investidura, apoiaron como alcalde ao socialista Andrés Díaz Sobral, co cal pasaron a gobernar en coalición. En 2019 o grupo integrouse nas listas do PSdeG-PSOEDíaz integra a la Agrupación Veciñal en la lista del PSOE de Ponte Caldelas, revalidando esta formación o goberno con maioría absoluta.
Notas
Categoría:Partidos políticos de Galicia Categoría:Ponte Caldelas