Eopsetta é un xénero de peixes teleósteos da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos,Eopsetta Jordan & Goss, 1885 no WoRMS. propios do océano Pacífico norte.Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998).Eschmeyer, W. N. et al. (1983).

Porén, algúns autores, como no ITIS, consideran que este xénero constitúe, por si só, a subfamilia dos eopsetinos (Eopsettinae).Pleuronectidae no ITIS.

Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, as especies deste xénero teñen o corpo aplanado, asimétrico, e cos dous ollos situados no lado pigmentado do corpo.

Taxonomía O xénero foi descrito en 1885 polos naturalistas David Starr Jordan (estadounidense) e Philip Henry Gosse (inglés).

Etimoloxía O nome Eospsetta está formado pola raíz do latín científico eo- derivada do termo do grego antigo ἠώς eós, "alba", unido ao nome do xénero Psetta, derivado do grego antigo ψῆττα psḗtta, un peixe plano, quizais a solla ou o rodaballo (Psetta é un sinónimo de Scophthalmus, ao que pertence o rodaballo (Scophthalmus maximus = Psetta maxima). Literalmente: "os primeiros peixes planos".

Especies Segundo o WoRMS, e case todas as bases de datos ictiolóxicas, o xénero abrangue tan só dúas especies:Froese, Rainer and Daniel Pauly, eds. (2012): Especies de Eopsetta en FishBase.Eopsetta Jordan and Goss in Jordan, 1885 no ITIS. Xénero Eopsetta Eopsetta grigorjewi (Herzenstein, 1890) – Solla de pintas do Xapón.Lahuerta e Vázquez (2000), p. 81. Eopsetta jordani (Lockington, 1879) - Solla de California.

Porén, algúns autores admiten unha terceira, Eopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880), que a maioría dos autores non consideran válida, e a identifican con Lyopsetta exilis (Jordan & Gilbert, 1880).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Eschmeyer, W. N.; E. S. Herald & H. Hammann (1983): A field guide to Pacific coast fishes of North America. Boston, Massachusetts, USA: Houghton Mifflin Company. Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.

Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos

Ligazóns externas Eopsettinae no ITIS. Eopsetta Jordan e Goss 1887 en Fossilworks. Eopsetta en ADW. Eopsetta na EOL. Eopsetta no NCBI.

Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Produtos da pesca