The Last Twilight foi un grupo palense de black/death metal formado no 2003, editando dende entón oito traballos entre demos, EPs, álbums e un DVD. A banda estaba conformada por blunier (voz e guitarra), Todesking (guitarra), Lvme (baixo e voz) e J. Fdez. (batería). No ano 2011 asinaron un acordo coa discográfica francesa Drakkar Productions para a edición e distribución internacional do seu derradeiro álbum, La Octava Copa de Ira: Postración Definitiva Ante la Triunfal Marcha de los 72 Espíritus Impuros.
Tanto Todesking como Blunier formaron o selo discográfico Final Embrace Records no cal tamén está Lvme, especializado en lanzamentos de traballos de Black e Death Metal underground en formato analóxico.
Discografía
Álbum Ano Selo Notas In the Roar of the Battle 2003 Final Embrace Records demo Final Holocaust/The River of Christian Blood 2004 Final Embrace Records demo Morbid Path 2005 Final Embrace Records EP Hell Bestial Conjuration 2007 Final Embrace Records, Antichristian Front Records compartido con Profundis Tenebrarum Unholy Terror Assault 2008 War Flagellation Productions ao vivo Eternal Tribulation 2009 NekroGoat Heresy Productions EP La octava copa de la ira 2009 Drakkar Productions álbum XI et Ω' 2014 Final Embrace Records DVD
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas myspace do grupo myspace do selo
Categoría:Grupos musicais de Galicia Categoría:Grupos musicais de heavy metal