Lara Méndez López, nada en Männedorf, cantón de Zúric, Suíza, o 17 de setembro de 1972, é unha política galega do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Enxeñeira Técnica Agrícola. Impartiu cursos de formación a traballadores e emprendedores. Foi Secretaria das Xuventudes Socialistas de Cervo e dende 2003 tamén concelleira nesa localidade, sendo cabeza de lista en 2007 e 2011. Nesas dúas últimas convocatorias foi elixida deputada provincial e Vicepresidenta Segunda da Deputación de Lugo, baixo o goberno de Xosé Ramón Gómez Besteiro.
Nas eleccións municipais de 2015 foi a número dous da lista do PSdeG-PSOE ao concello de Lugo, con vistas a se-la candidata socialista á presidencia da Deputación, mais os grupos de esquerda negáronse a converter en alcalde o anterior alcalde, Xosé López Orozco, por mor da súa imputación en varias causas. Este renunciou á alcaldía e á súa acta de concelleiro, polo que pasou a ser cabeza de lista do partido e foi elixida alcaldesa cos apoios da marea Lugonovo, BNG e Esquerda Unida, sendo a primeira muller en ocupar este cargo e gobernando en minoría.
No ano 2019, presentouse por vez primeira como candidata á alcaldía, logrou manter os apoios (8 concelleiros) e revalidou o cargo de alcaldesa grazas a un pacto co BNG, establecendo un goberno en coalición. Tralo Congreso Nacional do PSdeG de decembro de 2021 foi elixida Vicesecretaria Xeral da Executiva encabezada por Valentín González Formoso.
En xaneiro de 2024 deixou o cargo de alcaldesa e a acta de concelleira para se presentar ás eleccións de 2024 ao Parlamento de Galicia e saíu elixida deputada por Lugo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Lugo Eleccións ao Parlamento de Galicia de 2024
Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Nados no cantón de Zürich Categoría:Nados en 1972 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia