Justin Joseph Doellman, nado o 3 de febreiro de 1985 en Cincinnati, Ohio, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense con pasaporte kosovar. Mide 2,08 metros e xogaba na posición de ala-pivote.

Traxectoria Doellman xogou durante catro anos ó baloncesto universitario cos Musketeers da Universidade de Xavier, nos que acadou 10.6 puntos e 5.4 rebotes por encontro na NCAA. A súa carreira coma profesional comezou en Francia, onde estivo tres anos en tres equipos diferentes da LNB Pro A. En 2010, asinou co Lucentum Alicante da Liga ACB, onde fixo 13.1 puntos e 6.2 rebotes por partido, e para a tempada seguinte fichou polo Bàsquet Manresa,solobasket.com Justin Doellman quédase na ACB, cambiando Alicante por Manresa Solobasket.com onde se converteu no segundo máximo anotador da liga con 16.8 puntos por encontro. Ademais, levouse o premio ó mellor xogador do mes de xaneiro.

En 2012, tras unha gran tempada en Manresa, Doellman chegou ó Valencia Basket, onde asinou un contrato para as dúas seguintes tempadas.solobasket.com Justin Doellman incorpórase a Valencia Basket para as dúas vindeiras tempadas Solobasket.com Foi incluído no mellor equipo da tempada da Eurocup en 2013 e en 2014. Nesa segunda ocasión, conseguiu ademais o título da Eurocup co Valencia, e foi elixido coma o mellor xogador das finais. Foi tamén elixido mellor xogador da tempada da Liga ACB na tempada 2013-14.

O 1 de xullo de 2014, Valencia anunciou a decisión de Doellman de non renovar o seu contrato co equipo, e o 9 de xullo asinou un contrato co FC Barcelona.Barcelona tabs Eurocup Finals MVP Doellman. En xuño de 2017 anunciou a súa non renovación por FC Barcelona. O 18 de xullo de 2018, anunciouse a súa volta ó Bàsquet Manresa, recentemente ascendido á Liga ACB.El Capitán America está de vuelta: Justin Doellman regresa a Manresa

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en ACB.com Perfil en Eurobasket.com Perfil en Euroleague.net

Categoría:Nados en 1985 Categoría:Nados en Cincinnati, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto de Kosovo Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores do Cholet Basket Categoría:Xogadores do Besançon BCD Categoría:Xogadores do Orléans Loiret Basket Categoría:Xogadores do CB Lucentum Alicante Categoría:Xogadores do Bàsquet Manresa Categoría:Xogadores do Valencia BC Categoría:Xogadores do FC Barcelona Bàsquet Categoría:Xogadores do Anadolu Efes SK Categoría:Xogadores do KK Budućnost Podgorica Categoría:Xogadores da selección de baloncesto de Kosovo‎