Prizren (en albanés: Prizren / Prizreni; bosníaco: Prizren; serbio: Призрен; turco: Prizren, Pürzeyn, Perzerrin) é unha cidade histórica de Kosovo. É a capital administrativa do concello e do distrito de Prizren. A cidade ten unha poboación de 178,000 (censo de 2011), facendo a segunda cidade máis grande de Kosovo. Os residentes de PRizren son maiormente de etnia albanesa. Prizren fica situada nos Montañas do Šar (Malet e Sharrit) no sur de Kosovo, preto da fronteira con Albania e Macedonia do Norte.

Servizos públicos Sanidade A sanidade en Prizren consta cun sistema de 14 centros de saúde e 26 casas de saúde. O sector da sanidade ten 475 empregados, incluíndo doutores e enfermeiras, 264 mulleres e 211 homes. O hospital rexional de Prizren oferta servizos a aproximadamente 250,000 persoas. O hospital ten contratadas a 778 traballadores.

Educación Hai 48 escolas de primaria con 28,205 alumnos e 1,599 profesores, seis instituto con 9,608 estudantes e 503 profesores; tamén hai garderías privadas. Hai unha universidade pública en Prizren, ofertando cursos en bosníaco, albanés e turco.

Linguas oficiais No concello de Prizren, o albanés, o serbio, o bosníaco e o turco son linguas oficiais.Diplomatic Observer Official LanguageOSCE Implementation of the Law on the Use of Languages by Kosovo Municipalities

Cultura e monumentos Prizren alberga cada ano o festival de documentais Dokufest.

A cidade ten numersoas mesquitas, igrexas católicas e ordoxas e outros monumentos, entre os que destacan:

Ponte de Pedra de Prizren Shadervan Mesquita de Sinan Pasha Mesquita de Muderis ALi Efendi Mesquita Katip Sinan Qelebi Mosteiro dos Santos Arcanxos Fortaleza de Kaljaja Igrexa da Santa Salvación Igrexa de Nosa Señora de Ljeviš Igrexa de San Nicolás Igrexa de San Kyriaki Catedral de San Xurxo Catedral de Nosa Señora do Perpetuo Socorro Escola de música de Lorenc Antoni Casa de Shuaip Pasha Teatro de Prizren Seminario Ortodoxo de Prizren

Clima

Cidades irmandadas Selçuk, Turquía Istanbul, Turquía Tirana, Albania Durrës, Albania Vlorë, Albania Sarandë, Albania Zagreb, Croacia Osijek, Croacia Nova York, Estados Unidos Bingen am Rhein, Alemaña Ulcinj, Montenegro Mamuša, Kosovo

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Concello de Prizren pola República de Kosovo. Prizren, capital serbia Universidade de Prizren Imaxes de Prizren

Categoría:Cidades de Kosovo