Code Lyoko é un videoxogo de acción e de rol baseado na serie animada francesa Código Lyoko, sendo o primeiro videoxogo baseado na devandita serie. O xogo foi desenvolvido por DC Studios e distribuído por The Game Factory para Nintendo DS, chegando ao mercado en maio do 2007 en Estados Unidos, en xuño do 2007 en Australia e en novembro do mesmo ano en Europa.

Trama O xogo, do mesmo xeito que a serie, segue as aventuras de catro estudantes que descobren a existencia dun universo paralelo misterioso chamado Lyoko. Os catro, Jeremie, Odd, Ulrich e Yumi, descobren que tanto a Terra como Lyoko están ameazados por un virus múltiple chamado XANA, o cal infectou ao supercomputador que o controla todo. Os mozos deberán compaxinar a súa vida normal de estudantes coa misión de converterse en heroes.

Xogo O xogo Código Lyoko móvese entre o mundo real, en 2D, e o universo de Lyoko, en 3D. O xogo contén 15 episodios baseados na 1ª, 2ª e 3ª tempada da serie de debuxos. Á hora de loitar, utiliza un amplo rango de habilidades: disparar, loitar, resolución de crebacabezas e exploración aínda que, sorprendentemente, non hai capacidade de salto, unha habilidade case imprescindible na serie.

Acollida e crítica A crítica apreciou a fidelidade do xogo á serie,« un jeu d'action particulièrement fidèle à son modèle. » Test du jeu sur Jeuxvideo.com mais o seu modo de xogo en liña supuxo un problema xa que os xogadores son guiados en exceso nas accións que deben facer. A cámara fixa e non controlable que dirixe ó xogador en Lyoko tamén foi moi criticada. « » Analyse du jeu sur IGN

Notas

Véxase tamén Outros artigos Código Lyoko Code Lyoko: Quest for Infinity Code Lyoko: Fall of XANA Ligazóns externas Code Lyoko en GamersHell.com

Categoría:Videoxogos de 2007 Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de Nintendo DS Categoría:Código Lyoko