San Roque de Señorín é unha parroquia do concello ourensán do Carballiño. Segundo o IGE en 2021 tiña 446 habitantes (237 mulleres e 209 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento de 82 persoas en relación ao ano 1999, cando tiña 364 habitantes.

Xeografía Está situada a uns 800 metros da capital do concello. Os seus lindes están establecidos polo regato Carrás.

O edificio do ambulatorio e do PAC que se ocupa da poboación do concello atópanse nos seus terreos, ademais da Casa de Facenda, o cemiterio do concello e o IES n°1 de Señorín (un dos dous institutos públicos do concello, xunto co IES Manuel Chamoso Lamas, de Mesego).

É unha parroquia que se atopa en pleno crecemento urbanístico debido á súa proximidade coa vila principal, O Carballiño, pero a inmensa maioría das súas vivendas son unifamiliares.

A súa altitude media é duns 400 metros.

Historia Durante o Antigo Réxime, até a división en concellos actual en 1835, existiu a xurisdición de Partovia (dependente do mosteiro de Oseira), que incluía a veciña de Partovia e esta parroquia. Nela fundouse a mediados do século XVIII o núcleo do Carballiño, establecéndose nela a casa do concello do Carballiño durante varios anos.

Festas As festas patronais son na honra da Virxe do Carme e cadran sempre o seguinte domingo á festividade da mesma.

Lugares e parroquias Lugares de Señorín

Parroquias do Carballiño

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares do Carballiño

Categoría:Parroquias do Carballiño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Roque