Eugeni Xammar i Puigventós, nado en Barcelona o 17 de xaneiro de 1888 e finado en L'Ametlla del Vallès o 5 de decembro de 1973, foi un xornalista cosmopolita, diplomático de carreira e tradutor políglota (falaba sete linguas e escribía cinco) que viviu a meirande parte da súa vida fóra de Cataluña como correspondente en Europa durante os convulsos anos da primeira e a segunda guerra mundial.
Traballou como correspondente en Buenos Aires, París, Madrid, Londres, Berlín, Washington DC ou Xenebra e viaxou a Italia, Rusia ou Austria entre outros. Como correspondente colaborou principalmente con medios cataláns escribindo en catalán, como La Publicitat, La Veu de Catalunya ou a revista Mirador, unha actividade complementada con colaboracións en castelán nos medios suramericanos e co xornal madrileño Ahora. O seu dominio das linguas permitiulle traballar como tradutor para organismos internacionais como a ONU, a OMS, o Banco Mundial e a FAO.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina web de Eugeni Xammar
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1888 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Escritores en lingua catalá