Os Dallas Texans foron un equipo profesional do hóckey sobre xeo da cidade de Dallas, Texas (Estados Unidos). A franquía foi fundada en 1945 e competiu na United States Hockey League (USHL) dende a súa creación ata 1949. Xogaron os seus partidos como local no Dallas Ice Arena.
Durante a súa última tempada de existencia estiveron afiliados os Montreal Canadiens da National Hockey League (NHL).
Ano a ano Nas catro tempadas que os Texans competiron na USHL conseguiron uns resultados discretos, clasificándose tan só en dúas ocasións para os play-offs, sendo a súa mellor participación nas series finais a da súa última tempada, a 1948-49, cando o equipo chegou á segunda rolda, caendo fronte aos Tulsa Oilers en cinco partidos (4-1).
Liga regular Tempada Partidos VDEPts GF GC Clasificación 1945–46 562132 3 452182676º 1946–47 60271815 692322181º, Southern 1947–48 662139 6 482082764º, Southern 1948–49 66242715 632462512º, Southern
Play-offs Tempada1ª rolda2ª roldaFinais 1945–46 Non clasificado 1946–47 16px|link=|alt=derrota 4-2 Omaha Knights 1947–48 Non clasificado 1948–49 16px|link=|alt=vitoria 2-0 Fort Worth Rangers 16px|link=|alt=derrota 4-1 Tulsa Oilers
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Equipos de hóckey sobre xeo desaparecidos dos Estados Unidos de América