Carlos Hernández Alarcón, nado o 15 de setembro de 1990 en Xaén (Andalucía), é un futbolista profesional español da canteira do Real Jaén, que actualmente xoga como defensa no Real Oviedo da Segunda División.
Traxectoria Nado en Xaén, Hernández completou a súa formación co Real Jaén da súa cidade natal, facendo o seu debut co equipo sénior B en ligas rexionais. Posteriormente é ascendido definitivamente ao primeiro equipo xienense no verán de 2011, aparecendo en 37 partidos durante a súa primeira temporada, nun ano no que o seu club falla na súa tentativa de ascenso á Segunda División B. O 14 de xullo de 2012 Hernández asina co Real Zaragoza, equipo que paga 70.000 € polos seus servizos, sendo immediatamente destinado ao segundo equipo, tamén da Terceira División.
O 9 de agosto de 2013 Hernández ficha polo CE Sabadell FC da Segunda División. Xoga o seu primeiro partido como profesional o día 18 do mesmo mes, participando os 90 minutos do encontro e anotando o segundo gol do seu equipo na vitoria por 4-0 en casa conta o RCD Mallorca. Tras dúas temporadas no equipo catalán, asina polo Club Deportivo Lugo da mesma categoría o 4 de xullo de 2015 cun contrato por dúas temporadas.
Clubs ClubCategoríaAnoPXGolesReal Jaén BPreferente2007-200830Real Jaén BPreferente2009-2010221Real JaénSegunda B2009-201010Real Jaén BPreferente2010-2011225Real JaénSegunda B2010-201191Real JaénSegunda B2011-2012370Real Zaragoza BSegunda B2012-2013352SabadellSegunda2013-2014331SabadellSegunda2014-2015340LugoSegunda2015-2016294LugoSegunda2016-2017291
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en Transfermarkt Datos do xogador en La Preferente
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Xaén Categoría:Futbolistas de Andalucía Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Jaén B Categoría:Xogadores do Real Jaén Categoría:Xogadores do Real Zaragoza B Categoría:Xogadores do CE Sabadell Categoría:Xogadores do CD Lugo Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores da AD Alcorcón Categoría:Xogadores do CD Eldense Categoría:Xogadores do AD Ceuta