Dustin Brown, nado en Celle o 8 de decembro de 1984, é un xogador profesional de tenis alemán de orixe xamaicana. Brown compite na ATP Challenger Tour, individual e por parellas. Acadou a súa maior clasificación individual na ATP, o número 64, en abril de 2016, e por parellas, o número 43, en maio de 2012.
É un dos poucos xogadores de tenis que teñen o récord de vitorias fronte o 14 veces campión e antigo número 1 Rafael Nadal, derrotándoo por dúas veces en pista de herba, a primeira en 2014 Gerry Weber Open e a segunda en 2015 Wimbledon Championships.http://www.usatoday.com/story/sports/tennis/2015/07/02/rafael-nadal-upset-dustin-brown-wimbledon/29629127/
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial Perfil ATP
Categoría:Tenistas olímpicos de Alemaña Categoría:Nados en 1984 Categoría:Nados na Baixa Saxonia Categoría:Tenistas nos Xogos Olímpicos de 2016