Rafail Mykola Korsak (en ; en ; en ), nado arredor de 1599 preto de Navahrudak (Gran Ducado de Lituania, hoxe Belarús) e finado o 28 de agosto de 1640, foi un eclesiástico grecocatólico ruteno, metropolita de Kíiv e Galicia dende 1637 até a súa morte.

Traxectoria Korsak naceu preto de Navahrudak nunha familia nobre calvinista. Estudou cos xesuítas en Niasviž e en Vilnius, e posteriormente no colexio pontificio de Braniewo e novamente cos xesuítas en Praga. Xunto a eles, converteuse ao catolicismo, entrando na Igrexa católica latina, e posteriormente, co apoio do metropolita Yosyf Rutskyi, pasou á Igrexa grecocatólica. En 1620 ingresou na Orde de San Basilio Magno, tomando o nome relixioso de "Rafail" e facendo o noviciado no mosteiro de Byten. Entre decembro de 1621 e novembro de 1624 estudou no Pontificio Colexio Grego de Roma, e posteriormente foi elixido para servir como bispo no seu país.

En 1625 Korsak pasou a ser arquimandrita do mosteiro da Santa Trindade de Vilnius, e en 1626 protoarquimandrita da orde basiliana (cargo no que permaneceu até 1636) e en setembro do mesmo ano foi consagrado bispo coadxutor do metropolita Rutskyi con dereito de sucesión, sendo confirmado pola Santa Sé o 9 de marzo de 1631 malia as dúbidas iniciais do rei por mor da súa idade. En 1632 foi nomeado bispo de Pinsk.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Nados en 1599 Categoría:Nados na rexión de Hrodna Categoría:Finados en 1640 Categoría:Bispos católicos de Ucraína Categoría:Bispos católicos de Belarús Categoría:Primados da Igrexa católica bizantina ucraína Categoría:Alumnos do Pontificio Colexio Grego Categoría:Basilianos de San Xosafat Categoría:Relixiosos católicos de Belarús