San Xurxo de Sacos é unha parroquia do concello de Cerdedo Cotobade. Segundo o IGE, en 2015 tiña 519 habitantes (262 homes e 257 mulleres), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación co ano 2006, cando tiña 610 habitantes.

Patrimonio miniatura|esquerda|Debuxo do petróglifo da Eira dos Mouros publicado por Murguía no seu libro Historia de Galicia. No lugar de Fentáns atópase a Pedra das Ferraduras, unha gran rocha de granito que presenta unha combinación de círculos concéntricos e no seu anel exterior pegadas de cérvidos e bóvidos; un bo exemplo dos petróglifos do val do río Lérez. Tamén a Laxe do Cuco, da idade de bronce, con figuras de cérvidos e combinacións circulares e a Pedra do Lombo da Costa, con máis de 30 metros cadrados e máis de 20 rochas gravadas. Tamén se atopa nesta parroquia a Eira dos Mouros, outro petróglifo que xa foi documentado por Murguía na súa obra Historia de Galicia.

Cruzando o río Lérez, está a ponte de San Xurxo, ponte de cantería do século XVIII con arco de medio punto. Tamén existe unha antiga reitoral dos séculos XVII-XVIII, convertida nunha casa rural.

A súa igrexa parroquial está no lugar de Fontán. Hai tamén tres pequenas capelas en Cuspedriños, Fentáns e na Carballeira do San Xusto.

Lugares de interese Carballeira de San Xusto. Balneario de San Xusto, un balneario de augas sulfuro-fluoradas que nacen entre unhas rocas na marxe do río Lérez. Estas augas foron, e son, recomendadas polos médicos para diferentes doenzas, especialmente as cutáneas. Hai tempo facíase un xabrón de sales moi coñecido.

Festas Romaría dos Santos Xusto e Pastor: celebrada na capela da carballeira de San Xusto, o primeiro venres e sábado de agosto. San Xurxo, festa patronal, 23 de abril. Virxe do Carme, en Cuspedriños, 16 de xullo. Inmaculada Concepción, en Cutián, 8 de decembro. A Candeloria, en Fentáns, 2 de febreiro. As Neves, en Fentáns, 5 de agosto. Os Remedios, en Fentáns, 8 de setembro Santa Bárbara, en Cuspedriños, 4 de decembro.

San Xusto de Sacos na literatura popular A Carballeira do San Xusto,/ ten ó lado unha xesteira/ onde hei de botar a noite/ cunha mociña solteira. Carballeira de San Xusto,/ carballeira derramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla. Carballeira de San Xusto,/ carballeira enramada,/ naquela carballeiriña/ perdín a miña navalla Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 257.. Carballeira de San Xusto/ moitos arrodeos ten,/ se non fora polos Santos/ alá non iba ninguén. Carballeira do San Xusto,/ Carballeira do San Xusto,/ naquela carballeiriña/ hei de beilar ó meu gusto. Carballeira do San Xusto,/ carballeiriña famosa,/ naquela carballeiriña/ perdín eu a miña rosa. O castaño do San Xusto/ ten a folla revirada,/ que lla revirou o vento/ nunha noite de xiada. San Xusto e San Pastor/ andan polos cotos/ para dar gracias ós forasteiros/ e curar ós coxos.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Xurxo de Sacos

Parroquias de Cerdedo Cotobade

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Cerdedo Cotobade

Categoría:Parroquias de Cerdedo Cotobade Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Xurxo