Santa María de Godóns é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Covelo na comarca da Paradanta. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 252 habitantes (146 mulleres e 106 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 295 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 148 habitantes, sendo 71 homes e 77 mulleres.
Información Esta parroquia atópase a 10 quilómetros da capital do concello. A gandaría unida á agricultura minifundista en desaparición considérase a súa principal actividade, mais agora a concentración parcelaria que posúe a zona aumentou as superficies cultivábeis. Dende os seus cumios, sobre todo o monte Collado, pódese observar unha paisaxe da parroquia.
Godóns posúe, amais, unhas antigas vías empedradas e unha ponte medieval que atravesa o río Tea.
Lugares e parroquias Lugares de Godóns
Parroquias de Covelo
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Covelo
Categoría:Parroquias de Covelo Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María