Robert David Keane, nado o 8 de xullo de 1980 en Dublín é un exfutbolista irlandés que xogaba na demarcación de dianteiro. É o máximo goleador da historia da selección de fútbol de Irlanda, con 68 goles.
Traxectoria Comezou xogando profesionalmente no Wolverhampton Wanderers FC, de onde foi traspasado ao Coventry City FC e de aí a diversos equipos antes de recalar no Tottenham Hotspur FC, onde permaneceu seis tempadas antes de ser fichado polo Liverpool FC en 2008 por 25 millóns de euros, porén un ano despois volvería ao Tottenham en calidade de cedido primeiro e despois en propiedade.
No ano 2011 anunciouse a súa fichaxe polo Los Angeles Galaxy estadounidense, sendo declarado en decembro de 2014 xogador máis valioso do campionato.
Palmarés TítuloClubPaísAnoCopa da LigaTottenham Hotspur FC2008MLS Supporter's ShieldLos Angeles Galaxy2011Copa MLSLos Angeles Galaxy2011Copa MLSLos Angeles Galaxy2012Copa MLSLos Angeles Galaxy2014
Véxase tamén
Ligazóns externas Perfil do xogador en transfermarkt.co.uk
Categoría:Nados en Dublín Categoría:Nados en 1980 Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Futbolistas de Irlanda Categoría:Xogadores do Wolverhampton Wanderers FC Categoría:Xogadores do Coventry City FC Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores do Leeds United AFC Categoría:Xogadores do Tottenham Hotspur FC Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Celtic FC Categoría:Xogadores do West Ham United FC Categoría:Xogadores do Los Angeles Galaxy Categoría:Xogadores do Aston Villa FC Categoría:Xogadores do ATK Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Irlanda