A AC-960 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Secundaria da Xunta de Galicia que une as localidades da Susana (Santiago de Compostela) e A Capela (Vila de Cruces); atravesa os concellos de Santiago de Compostela, Boqueixón e Touro. Ten unha lonxitude de 16,91 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa N-525 na Susana (Santiago de Compostela) e finaliza nun cruzamento coa PO-960 na Capela (Vila de Cruces) co límite provincial da Coruña e Pontevedra. Ten conexión con outras vías como a AC-240 e a AC-261.

Notas

Categoría:Estradas da rede secundaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Santiago de Compostela Categoría:Boqueixón Categoría:Touro