San Pedro de Crecente é unha parroquia que se localiza no sur do concello pontevedrés de Crecente na comarca da Paradanta. Segundo o IGE en 2009 tiña 475 habitantes (259 mulleres e 216 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 537 habitantes.
Patrimonio Igrexa de San Pedro de Crecente, de transición románico-gótico. Consta de ampla nave rectangular con cuberta alintelada de madeira e presbiterio cuberto a base de bóveda apuntada. Nun dos arcos, con decoración de inspiración románica, ábrese un espazo que acubillou o sepulcro de Inés de Castro, agora depositado no museo arqueolóxico de Pontevedra. Conserva unha variada colección de canzorros, un escudo e unha fiestra no centro do testeiro absidal que consta de arco apuntado, arquivolta en aresta viva e chambrana lisa. A igrexa posúe unha reliquia da Veracruz coa bula de autenticidade expedida en Roma.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Crecente
Parroquias de Crecente
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Crecente
Categoría:Parroquias de Crecente Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Pedro