Parophrys vetulus é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos pleuronectinos,Parophrys vetulus Girard, 1854 no WoRMS. a única do xénero Parophrys,Parophrys Girard, 1854 no WoRMS. e coñecida en galego como linguado limanda do Pacífico.Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 82.
É un peixe plano mariño, demersal, que habita en augas costeiras pouco profundas, salgadas e salobres, do Pacífico oriental, desde o mar de Bering polo norte até a Baixa California polo sur.
Trátase dunha especie de grande importancia comercial, principalmente nos estados de Washington, Oregón e California.
Taxonomía Descrición Tanto o xénero como a especie foron descritas en 1854 polo ictiólogo estadounidense de orixe francesa Charles Frédéric Girard.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, que é o orixinario que lle deu Girard, a especie coñeceuse tamén ao longo do tempo polos seguintes sinónimos:
Parophrys hubbardii Gill, 1862 Parophrys vetula Girard, 1854 (incorrecto gramaticalmente) Pleuronectes digrammus Günther, 1862 Pleuronectes vetulus (Girard, 1854)
Etimoloxía Xénero O nome xenérico, Parophrys, está formado polo elemento do latín científico para-, tirado do grego antigo παρα- para-, derivada de παρά pará, "ao lado", "cerca de", e o nome do grego antigo οφρύς ophrýs, "cella".
Especie E o específico, do latín vetulus, -i, "home vello".
Características miniatura|330px|Parophrys vetulus no Acuario de Vancouver. Parophrys vetulus é un peixe plano con ambos os ollos situados no lado dereito do seu corpo deprimido, de forma de rombidal. A súa cabeza é pequena, cun fociño aguzado, coa boca pequena e asimétrica. A cara superior está cuberta de escamas ásperas, e adoita ser de cor parda uniforme, aínda que en ocasións presenta pequenas manchas; a cara inferior é lisa e de cor que vai da branca a amarela pálida. Os bordos das aleta dorsal e anal son máis escuros. A liña lateral é basicamente recta, describindo porén unha pequena curva sobre a aleta pectoral.Parophrys vetulus en Alaska Sea Grant Marine Advisory Bulletin No. 47. Oregon Department of Fish and Wildlife. Consultada o 25-07-2015.
A súa columna vertebral está formada por de 41 a 44 vértebras. A aleta dorsal está sustentada por de 72 a 92 raios, e a anal por de 45 a 70.Parophrys vetulus Girard, 1854 en FishBase.
Os machos poden alcanzar un tamaño máximo de até os 49 cm,Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany. mentres que as femias poden chegar até os 57 cm; porén a lonxitude media dos espécimes capturados é duns 33 cm. O peso máximo rexitrado foi de 1,5 kg.Fadéev, N. S. (2005): Guide to biology and fisheries of fishes of the North Pacific Ocean. Vladivostok, Russia: TINRO-Center.
Bioloxía Hábitat e distribución miniatura|330px|Área de distribución de Parophrys vetulus. Parophrys vetulus é un peixe mariño, demersal, oceanódromo que habita en augas costeiras pouco profundas, salgadas e salobres, entre os 0 e os 550 m de profundidade,Allen, M. J. & G. B. Smith (1988): Atlas and zoogeography of common fishes in the Bering Sea and northeastern Pacific. NOAA Tech. Rep. NMFS 66.
Os adultos habitan en fondos areosos e lamacentos, e os individuos xuvenís encóntranse na zona intermareal.<ref name=CW>Clemens, W. A. & G. V. Wilby (1961): Fishes of the Pacific coast of Canada. 2nd ed. Fish. Res. Bd. Canada Bull. 68: 443.</ref>
A súa distribución abarca as costas do nordeste do Pacífico, entre os 66° N e os 26° N, e entre os 170° W e os 110° W, desde o mar de Bering até a bahia San Cristóbal, na Baixa California.Lamb, A. & P. Edgell (1986): Coastal fishes of the Pacific northwest. Harbour Publishing Co. Ltd., B.C., Canada.
Alimentación A dieta do linguado limanda do Pacífico consiste sobre todo en organismos zoobentónicos: invertebrados como pequenos crustáceos e moluscos, veremes mariños e ofiúras.Hart, J. L. (1973): "Pacific fishes of Canada". Bull. Fish. Res. Board Can. 180: 740.
Lonxevidade A idade máxima rexistrada para esta especie foi de 22 anos.Munk, K. M. (2001): "Maximum ages of groundfishes in waters off Alaska and British Columbia and consideration of age determination". Alaska Fish. Res. Bull. 8 (1): 12-21.
Pesca Parophrys vetulus é unha especie de grande importancia comercial, pescándose no Pacífico oriental, nas zonas de pesca 67 e 77, case exclusivamente mediante artes de arrastre, dese 1876. Existen dúas pesquerías importantes: unha na costa oeste dos Estados Unidos (nos estados de Washington, Oregón e California), e outra no mar de Bering, en Alasca.English Sole (Parophrys vetulus). En FishWatch. US National Marine Fisheries Service. Consultada o 25-07-2015.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World''. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Pleuronectinos
Ligazóns externas Parophrys na EOL. Parophrys na ADW.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1854 Categoría:Produtos da pesca