Rhombosolea plebeia é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia dos rombosoleinos,Rhombosolea plebeia (Richardson, 1843) no WoRMS. unha das catro recoñecidas actualmente no xénero Rhombosolea,Rhombosolea Günther, 1862 no WoRMS. coñecida en galego como solla de area de Nova Celandia.Lahuerta Mouriño, F. e Vázquez Álvarez, F. X. (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia / Termigal. ISBN 84-453-2913-8, p. 83.
Trátase dunha mariña, demersal, de certa importancia comercial, que vive en augas pouco profundas das costas do suroeste do Pacífico, en torno ás illas de Nova Celandia.Rhombosolea plebeia (Richardson, 1843) en FishBase.
Taxonomía Primeira descrición A especie foi descrita por primeira vez en 1843 polo naturalista escocés John Richardson, baixo o nome de Rhombus plebeius.
Sinónimos Ademais de polo seu nome actualmente válido, e polo orixinario que lle impuxo Richardson, a especie foi coñecida ao longo do tempo polos sinónimos seguintes:
Apsetta thompsoni Kyle, 1901 Bowenia novaezealandiae Haast, 1873 Rhombosolea thompsoni (Kyle, 1901)
Etimoloxía O nome específico, plebeia, é a forma feminina do adxectivo latino plēbēius, -a, -um que, ademais de "plebeo", significa "ordinario", "corrente".
Catracterísticas É un peixe plano de forma romboidal que pode alcanzar unha lonxitude de 43 cm,Manikiam, J. S. (1969): "A guide to the flatfishes (Order Heterosomata) of New Zealand". Tuatara 17 (3): 118-129. aínda que os espécimes capturados roldan tan só os 30.
Bioloxía Hábitat Trátase dun peixe mariño, demersal, que vive en augas pouco profundas, xeralmente a profundidades de entre menos de 50 até uns 100 m.Armitage, R. O.; D. A. Payne; G. J. Lockley; H. M. Currie; R. L. Colban; B. G. Lamb & L. J. Paul, eds. (1994): Guide book to New Zealand commercial fish species. Revised edition. Wellington, New Zealand: New Zealand Fishing Industry Board.Stevenson, M. L. (2004): Trawl survey of the west coast of the South Island and Tasman and Golden Bays, March-april 2003 (KAH0304). New Zealand Fisheries Assessment Report 2004/4.
Os individuos xuvenís concéntranse en augas costteiras protexidas, tales como estuarios e marismas pouco profundas, onde permanecen até os dous anos de idade.Annala, J. H. (1994): Report from the Fishery Assessment Plenary, May 1994: stock assessments and yield estimates. Unpublished report held in MAF Fisheries Greta Point library, Wellington.
A especie non mostra unha marcada preferencia polo tipo de substratos, encontrádose en fondos de area, lama, arxila, grava e pedras. É común encontrala nas pozas que se forman cando baixa a marea.
Distribución A especie distribúese polas cosatas das dúas grandes illas que constitúen o estado de Nova Celandia.
As zonas onde é máis abundante son a baía de Tasman (no norte da Illa Norte) e fronte á costa sueste da Illa Sur.
Usos Rhombosolea plebeiaone é unha das máis importantes especies pesqueiras de peixes planos de Nova Celandia. Captúrase na zona de pesca 81 (suroeste do Pacífico).
Estado de conservación En 2010 a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), avaliou o estado de conservación desta especie como LC (pouco preocupante), debido á súa abundancia na súa área de distribución e, aínda que se captura a escala comercial, no hai ningunha evidencia de diminución significativa da súa poboación.Rhombosolea plebeia na Lista vermella de especies ameazadas da UICN. Versión 2015.2.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Ayling, Tony & Geoffrey Cox (1982): Collins Guide to the Sea Fishes of New Zealand. Aucland: William Collins Publishers Ltd. ISBN 0-00-216987-8. Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726. Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7. Paulin, C.; A. Stewart; C. Roberts & P. McMillan (1989): New Zealand fish: a complete guide. National Museum of New Zealand Miscellaneous Series No. 19.
Outros artigos Pleuronectiformes Pleuronéctidos Rombosoleinos Rhombosolea
Ligazóns externas Rhombosolea plebeia na Encyclopedia of Life. Rhombosolea plebeia na ADW.
Categoría:Pleuronectiformes Categoría:Animais descritos en 1843 Categoría:Produtos da pesca