Xaquín das Herbas, finado en 1958, foi un ermitán galego que viviu entre os anos 1936 e 1958 no concello das Pontes de García Rodríguez. Segundo a tradición oral vivía nun carballo oco ao carón do río Eume, de forma autosuficiente, fabricándose el mesmo a roupa con peles e alimentándose a base de insectos, herbas e raíces.
A súa orixe é descoñecida, pero sospeitábase que procedía dalgún lugar das provincias de Pontevedra ou Lugo, e que era un canteiro anarquista que fuxira do seu fogar por mor da Guerra Civil. Trala súa morte fíxose unha colecta popular no concello para o pago do seu enterro, e posteriormente nomeouse unha rúa na súa memoria, a Rúa Xaquín das Herbas.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Personalidades de Galicia Categoría:Finados en 1958 Categoría:Nados en ano descoñecido