Galeuzca foi unha publicación do exilio, en lingua castelá, editada en Buenos Aires de agosto de 1945 a xullo de 1946, sumando un total de doce números."Galeuzca" en Diccionario enciclopédico galego universal, t. 29, p. 116.
Historia e características Levou o subtítulo de "Galiza-Euzkadi-Catalunya. Revista mensual" e nela colaboraron destacados intelectuais e políticos exiliados do réxime franquista residentes en diversas partes do mundo, como a propia Arxentina, México, Londres, París, Nova York ou Chile. Entre eles estaban: Castelao, Antón Alonso Ríos, José Núñez Búa, Manuel Portela Valladares, Rodolfo Prada, Nicolau D’Olwer, Francisco Elías de Tejada, Manuel de la Sota Arbuto, Pere Mas Perera, Manuel Serrat Moret, Carlos de Baraibar, Francisco de Basterrechea, A. de Sousa Gomes, Joaquín Xirau, Jesús María de Leizaola e Ildefonso Gurrutxaga."Galeuzca" (pp. 207-208) en: (coord.): Diccionario da literatura galega II (Publicacións periódicas), Galaxia, 1997, ISBN 84-8288-137-X.
No derradeiro número publicouse a intención de proseguir a edición dende Francia con motivo do desprazamento alí de moitos colaboradores,Entre eles Castelao, nomeado ministro da república no exilio cousa que nunca chegou a suceder.
Reedicións En 1976 Xesús Alonso Montero publicou unha antoloxía en Akal, Madrid, e ao ano seguinte foi reeditada completa en Durango, Biscaia, por Leopoldo Zugaza e Alejandro Finisterre, nun só volume, en formato facsimilar.: "Galeuzca" en Gran enciclopedia galega Silverio Cañada.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Revista Galeuzca escaneada en formato dixital Catálogo de publicacións periódicas. Fondos do Arquivo da Emigración Galega
Categoría:Prensa galega da emigración Categoría:Cultura de Buenos Aires Categoría:Revistas da Arxentina Categoría:Exilio galego