Santa María de Troáns é unha parroquia que se localiza no suroeste do concello de Cuntis, na comarca de Caldas. Limita coas parroquias de Estacas e Cuntis, e cos concellos de Moraña e Caldas de Reis.
En 1836 tiña unha poboación de feito de 574 persoas. Nos anos que van de 1986 a 2009 a poboación pasou de 1008 a 732 persoas, o cal significou unha perda do 35,1%. Segundo o IGE en 2011 tiña 720 habitantes (375 mulleres e 345 homes).
Toponimia O topónimo Troáns procede (pasando pola caída da lateral intervocálica) dun antropónimo xermánico na locución [villa(m)] ThrudilanisEl Nombre de los Antepasados: Toponimia Gallega de Origen Antroponímico (I v2.0), apartado 42 e está composto por thrud, "forza", un sufixo diminutivo illa e a terminación do xenitivo latino.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Troáns
Parroquias de Cuntis
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Cuntis
Categoría:Parroquias de Cuntis Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María