A Litoria caerulea é unha especie de ra arborícola orixinaria de Australia e Nova Guinea, con poboacións introducidas en Nova Zelandia e nos Estados Unidos de América. Pertence ó xénero Litoria. Fisicamente, aseméllase a outras especies do mesmo xénero, especialmente á Litoria splendida e á Litoria infrafrenata.
A Litoria caerulea é meirande que a maioría de ras australianas, e ten unha lonxitude de dez centímetros. A lonxevidade media da ra en catividade, duns dezasete anos, é longa en comparanza coa maioría de ras. As ras xigantes son dóciles e están ben adaptadas á vida a carón de fogares humanos. A miúdo poden atoparse nas fiestras ou dentro das casas, alimentándose dos insectos atraídos pola luz.
Por mor das súas características físicas e de comportamento, esta ra converteuse nunha das ras da súa rexión que máis doadamente se poden recoñecer, e noutras partes do mundo é un animal de compaña exótica.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Anuros Categoría:Animais descritos en 1790