O factor de crecemento placentario ou PGF (do inglés Placental Growth Factor) é unha proteína que nos humanos está codificada polo xene PGF do cromosoma 14.

O PGF é membro da subfamilia do factor de crecemento endotelial vascular (VEGF), a cal é unha molécula clave na anxioxénese e vasculoxénese, en especial durante a embrioxénese. A principal fonte de PGF durante o embarazo é o trofoblasto placentario. O PGF exprésase tamén en moitos outros tecidos, incluíndo o trofoblasto viloso.

Importancia clínica

A expresión do factor de crecemento placentario nas lesións ateroscleróticas humanas está asociado con placas de inflamación e crecemento neovascular.

Os niveis séricos de PGF e sFlt-1 (tirosina quinase-1 de tipo fms soluble, tamén chamado receptor-1 soluble do VEGF) están alterados en mulleres con preeclampsia. Tanto na preeclampsia temperá coma na tardía, os niveis no soro materno de sFlt-1 son maiores e os do PGF son máis baixos en mulleres que presentan preeclampsia. Ademais, os niveis de sFlt-1 placentarios estaban incrementados significativamente e o PGF estaba diminuído en mulleres con preeclampsia ao comparalas con outras con embarazos sen complicacións. Isto indica que as concentracións placentarias de sFlt-1 e PGF reflicten os cambios no soro materno. Isto é consistente coa idea de que a placenta é a principal fonte de sFlt-1 e PGF durante o embarazo.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Factores de crecemento