A lagarta rabuda norteafricana (Psammodromus algirus)* Miras, J.A.M., Cheylan, M., Nouira, M.S., Joger, U., Sá-Sousa, P. & Pérez-Mellado, V. 2005. Psammodromus algirus . 2006 IUCN Red List of Threatened Species. . é unha especie de réptiles da familia Lacertidae propia (na definición moderna da especie) dos países africanos mediterráneos do Magreb. Antes, ademais, incluíanse nesta especie as poboacións da Península Ibérica (incluída Galicia) e Francia, que agora se consideran especies independientes cos nomes P. jeanneae e P. manuelae.Busack, S. D., Salvador, A. and Lawson, R. 2006. Two new species in the genus Psammodromus (Reptilia: Lacertidae) from the Iberian Peninsula. Annals of Carnegie Museum 75(1): 1-10. As mencionadas poboacións galegas pertencen agora á nova especie Psammodromus manuelae (antes subespecie). Porén algúns autores consideran que son sinónimos as tres denominacións P. algirus, P. manuelae e P. jeanneae (Verdú Ricoy et al. 2010).Reptiles database Psammodromus algirusVerdú-Ricoy, Joaquín; Carranza, Salvador; Salvador, Alfredo; Busack, Stephen D.; Díaz, José A. 2010. Phylogeography of Psammodromus algirus (Lacertidae) revisited: systematic implications. Amphibia-Reptilia 31 (4): 576-582. O seu hábitat natural é o bosque mediterráneo, as zonas de mato e os campos de cultivo.

Descrición É unha lagarta doadamente identificable a primeira vista, por ter un rabo moi desenvolvido. Os adultos alcanzan ata 7,5 cm de lonxitude (fociño-cloaca). O rabo é moi longo, como indica o seu nome, aproximadamente de dúas a tres veces a lonxitude do resto do corpo. As escamas do dorso e flancos son grandes, planas e afiadas, carenadas claramente. A coloración xeral é parda presentando dúas liñas brancas moi conspicuas a ambos os lados. As partes inferiores son brancas ou levemente tinguidas de verde. Os machos adoitan ter unha ou máis manchas azuis nos ombros, e cando están en celo teñen a gorxa e os lados da cabeza de cor alaranxada.

As escamas que recobren o dorso e os flancos son carenadas e á vez imbricadas, agás que tamén se estenden ás ventrais. Estas características descritas das escamas, ademais da lonxitude do rabo, permiten diferenciala doadamente doutras lagartas.

Ten a peculiar capacidade de emitir chíos, o que tamén se dá en Psammodromus hispanicus e en Acanthodactylus erythrurus .

Hábitat Vive preferentemente en lugares arbustivos e herbáceos. É un saurio característico dos lugares secos e soleados, polo que non se encontra nas zonas altas e montañosas.

Alimentación Nútrese de pequenos insectos.

Reprodución A época de celo coincide co inicio da primavera, e aproximadamente a finais de xuño as femias poñen de 8 a 11 ovos (variable) esféricos.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Borràs, Antoni i Junyent, Francesc: Vertebrats de la Catalunya central. Edicions Intercomarcals, S.A. Manresa, 1993. ISBN 84-88545-01-0. Plana 63. Llorente, Gustavo: Els vertebrats de les zones humides dels Països Catalans. Editorial Pòrtic, S.A. Col·lecció Conèixer La Natura, núm. 6, planes 69-70. Decembro de 1988, Barcelona. ISBN 84-7306-354-6. Kwet, Axel: Reptilien und Amphibien Europas. Franck'sche Verlagsbuchhandlung, Stuttgart, 2005. ISBN 3-440-10237-8. Salvador, A. (2015). Lagartija colilarga – Psammodromus algirus . En: Enciclopedia Virtual de los Vertebrados Españoles. Salvador, A., Marco, A. (Eds.). Museo Nacional de Ciencias Naturales, Madrid.

Ligazóns externas

Información sobre a lagarta rabuda.

Categoría:Réptiles