Santa María de Loimil é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña 216 habitantes (112 mulleres e 104 homes), 59 menos ca en 1986. En 1842 tiña unha poboación de feito de 237 persoas. Ten 10 entidades de poboación.

Xeografía Sitúase no nordeste do concello, limitando coas parroquias de Oca, Remesar e Orazo e o concello de Boqueixón. Está atravesada pola vía da prata do camiño de Santiago.

Patrimonio A igrexa parroquial é de estilo románico, da segunda metade do século XII. Ten unha nave en bóveda de canón e ábsida rectangular dividida en dous tramos por semicolumnas acaroadas e rematado cun Agnus Dei. As portas, tamén románicas, son de tímpano liso.

Festas O segundo domingo de xuño celébrase a festa gastronómica do año ao espeto. O sábado anterior ao 16 de xullo celébrase a Festa da Mocidade, en honra á Virxe do Carme. O 15 de agosto é o día da Patroa, Santa María. O sábado anterior ao 19 de setembro celébrase a romaría popular á Virxe da Saleta.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Loimil

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María