Inés Arrimadas García, nada o 3 de xullo de 1981 en Xerez da Fronteira, é unha política e avogada catalá, deputada no Parlamento de Cataluña por Ciutadans-Partit de la Ciutadania«Ficha de Arrimadas no Parlamento de Cataluña e candidata do seu partido para as Eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2015.Rivera y Arrimadas, candidatos a las primarias nacionales y catalanas de Ciudadanos, 20 minutos, xuño de 2015

Traxectoria Licenciada en Dereito e mais en Administración e dirección de empresas pola Universidade Pablo de Olavide de Sevilla. Durante oito anos exerceu de consultora de operacións e estratexia no grupo empresarial D'Aleph e de responsable de calidade e administración no grupo MAT.

No ano 2011 ingresou en Ciutadans - Partit de la Ciutadania, ocupando diversos cargos orgánicos no seo do partido, pertence ao seu comité executivo e á xunta directiva das súas mocidades, e mais tamén é responsable das relacións institucionais. En novembro de 2012 resultou elixida deputada no Parlamento de Cataluña, converténdose na voceira adxunta do grupo parlamentario da súa formación

Notas

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Xerez da Fronteira Categoría:Políticos de Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía Categoría:Deputados do Parlamento de Cataluña Categoría:Avogados de España Categoría:Alumnos da Universidade Pablo de Olavide Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XIII Lexislatura)