San Cristovo de Remesar é unha parroquia que se localiza no concello da Estrada. Segundo o IGE en 2011 tiña unha poboación de 135 persoas (72 mulleres e 63 homes), distribuída en 10 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 246 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 212 persoas.

Xeografía Está situada na aba do monte Sisalto, no val do río Ulla. Limita coas parroquias de Orazo, Agar, Loimil, San Tomé de Ancorados, Riobó e Oca.

Patrimonio O castro de Remesar está situado a carón da igrexa. Nel foron atopados restos de muíños de man.

A igrexa parroquial, de estilo románico, está datada entre os séculos XII e XIII. Dela destaca a súa fachada románica con arco apuntado sobre dúas columnas de capitel. No adro da igrexa hai un cruceiro con pedestal cúbico, unha columna octogonal lisa, capitel con volutas e follas de acanto e cruz latina de brazos redondos co cristo crucificado no anverso.

Festas A festa patronal celébrase o día 10 de xullo. Tamén se celebra o San Ramón o primeiro sábado de setembro.

Lugares e parroquias Lugares de Remesar

Parroquias da Estrada

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares da Estrada

Categoría:Parroquias da Estrada Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo