dereita|miniatura|Nave de Estañíferas de Galicia SA.
San Miguel de Presqueiras é unha parroquia que se localiza no concello de Forcarei, na comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en 2014 tiña 210 habitantes (95 homes e 115 mulleres), 70 menos ca en 2004 (153 mulleres e 127 homes nese ano segundo o padrón municipal) e 73 menos ca en 1999. Ten cinco entidades de poboación.
Topónimo Posibelmente do étimo petriscarias, derivado do latín petra(m) co sufixo latino -aria, lugar onde abundan as pedras.
Historia Nesta parroquia estaba a sede dos Xuíces-Meiriños nomeados polos arcebispos de Compostela para gobernar a Terra de Montes. O Arcebispo Xelmírez mandara construír unha fortaleza e unha torre, das que hoxe só quedan ruínas, nunha pequena península que forma o río Castro, afluente do río Lérez, derrubada en 1466 na Gran Guerra Irmandiña. Nos séculos XIX e XX a compañía Estañíferas de Galicia SA explotou as minas de Presqueiras Lugares e parroquias Lugares de San Miguel de Presqueiras
Parroquias de Forcarei
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares de Forcarei
Ligazóns externas Páxina persoal sobre Presqueiras
Categoría:Parroquias de Forcarei Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía