dereita|miniatura|230px|O arcanxo Miguel.
Miguel é un nome propio masculino galego. Esta forma escrita tamén é común co portugués, co castelán e co aragonés. A súa orixe é o hebreo מיכאל (mi-ka-el), que significa ‘Quen coma Deus?’, formado por mi ‘quen’, ka ‘como’ e o elemento divino El ‘Deus’, (referíndose a Elohim, proveniente á súa vez do deus ugarítico El). O nome úsase tanto na relixión hebraica, coma na cristiá (católica, anglicana e ortodoxa) e no islam.
En xaneiro de 2023 existían 12.381 varóns en Galicia co nome Miguel, cunha media de idade de 38,7 anos.Nome Miguel na Web do Instituto Galego de Estatística
Uso do nome É o nome do arcanxo Miguel, polo que adoita aparecer na forma Miguel Anxo. Este arcanxo é para os hebreos o primeiro dos anxos, sendo o arcanxo por excelencia por mor da súa vitoria fronte aos anxos rebeldes.
O apelido patronímico en Galiza deu a forma Míguez ou Migues (en Castela deu porén Miguélez).
O nome Miguel é e foi popular en Galicia, multitude de parroquias teñen a Miguel Arcanxo como patrón (véxase: Parroquias de Galicia baixo a advocación de San Miguel).
En Galicia, aparece nos rexistros do século XV coas formas: Miguel, Migeel ou Miguell.
Míguez ou Migues é o apelido patronímico galego do nome Miguel. En castelán deu Miguélez. Practicamente só aparece en Galicia e provincias onde os galegos emigraron. En setembro de 2015, 11.894 galegos tiñan este apelidoInstituto Nacional de Estadística, apelido Míguez.
Santoral 9 de febreiro: San Miguel Febres Cordero, irmán das Escolas Cristiás ecuatoriano. 14 de maio: San Miguel Garicoits (Mixel Garicoitz, coñecido en Francia coma Michel Garicoïts), , crego vasco fundador de Sacerdotes do Sagrado Corazón de Xesús de Betharram. 8 de xuño: San Miguel dos Santos (Miquel dels Sants), relixioso trinitario catalán. 29 de setembro: San Miguel Arcanxo, a máis celebrada. 29 de outubro: Beato Miguel Rúa (Michele Rua), relicioso italiano e segundo Reitor Maior dos salesianos.
Variantes noutras linguas
Albanés: Mëhill, Mhill. Alemán: Michael, Michel Árabe: ميخائيل (Mijaíl). Aragonés: Miguel, Miquel.EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Asturiano: Micael, Micaela (feminino). Bérber: Mighel Bretón: Mikael Castelán: Miguel, Micaela (feminino). Catalán: Miquel, Miquela (feminino). Checo e eslovaco: Michal Chinés (Mandarín): 麥可 (mài kě). Coreano: 마이클 (ma i keul). Córnico: Mygal Croata: Mihovil, Miho Dinamarqués: Mikael Escocés: Micheal Esloveno: Mihael Esperanto: Mikelo Estoniano: Miikael Éuscaro: Mikel, Mikele (feminino). Finés: Mikko, Mikael Francés: Michel, Michèle (feminino). Galés: Meical Grego: Μιχάλης (Michalis). Hebreo: מיכאל (Mijael) Húngaro: Mihály Inglés: Michael (hipocorístico Mike, Mickey, Mick), Michelle (feminino). Irlandés: Mícheál Islandés: Mikael Italiano: Michele,Segundo unha estimación do ano 2000 era o décimo sexto nome masculino italiano máis común LIOn, (Laboratorio Internazione di Onomastica) - Clasificación Onomásticas: nombres masculinos en Italia en el siglo XX . Michela (feminino). Latín: Michael Letón: Miķelis Lituano: Mykolas Maltés: Mikiel Neerlandés: Michiel, Michaël Polonés: Michał, Michalina (feminino). Portugués: Miguel (masculino), Micaela, Miquelina (femininos); no Brasil utilízanse ademais Maicon e Maico (que proveñen da pronuncia inglesa). Romanés: Mihai Ruso: Михаи́л (Mighail); hipocorístico: Миша (Mixa), Миха (Migha) Serbio: Mihajlo Sueco: Mikael Turco: Mikail Ucraíno: Михайло (Myighailo). Xaponés: マイケル (ma i ke ru). Xeorxiano: მიხეილი (Mijeili).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Miguel Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega
Categoría:Nomes masculinos de orixe hebrea Categoría:Nomes masculinos galegos Categoría:Nomes masculinos aragoneses Categoría:Nomes masculinos casteláns Categoría:Nomes masculinos portugueses