miniatura|250px|Mapa dos pobos celtas do sur de Britania (icenos no recuncho superior dereito). Os icenos (en ) foron unha tribo britana que habitou unha área de Inglaterra que correspondería máis ou menos co que hoxe é o condado de Norfolk, entre os séculos -I e I. Os cenimagnos que se renderon a Xulio César durante a súa segunda expedición a Britania no ano -54, puideron ser unha parte da tribo icena.Xulio César, Comentarios á guerra das Galias, 5.21

Hai probas arqueolóxicas da súa existencia, representadas por torques, pesados colares de ouro, prata ou elektron, que estaban deseñados para ser levados arredor do pescozo e que sinalaban a quen os portaba como pertencentes á nobreza.

Os icenos comezaron a acuñar a súa propia moeda contra o 10 a. de C., creando unha adaptación especial do deseño galo “cara/cabalo”, pero nalgunhas moedas máis antigas, sobre todo da zona preto de Norwich, o cabalo foi substituído por un porco ou xabaril. O primeiro nome rexistrado que aparece nas moedas é o de “Antedios” cara ao -10, seguíndolle nomes abreviados como AESU e SAEMU.Graham Webster (1978), Boudica: the British Revolt Against Rome AD 60, pp. 46-48

Notas

Véxase tamén Outros artigos Boadicea Ligazóns externas Iceni en Roman-Britain.co.uk Icenien Romans in Britain

Categoría:Pobos antigos Categoría:Celtas Categoría:Historia de Inglaterra