San Cristovo de Couso é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE en 2014 tiña 414 habitantes (209 homes e 205 mulleres), catro máis ca en 2004 (210 mulleres e 200 homes segundo o padrón municipal) e 21 máis ca en 1999. Ten seis entidades de poboación.

Xeografía Destaca o Alto de Santo Antoniño pola súa área de lecer e as vistas panorámicas de boa parte do Val Miñor. Pola parroquia pasa o río de Couso.

Dentro da arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial e unha capela. Entre a arquitectura popular destacan os canizos ou hórreos, pontes, cruceiros e casas.

Eclesiasticamente, pertence ao arciprestado de Miñor.

Xentilicio O seu xentilicio é couseiro.

Cultura e asociacionismo Da parroquia é a banda de gaitas Novos Aires. Nela hai dúas asociacións de Augas e dúas Comisións de Festas (San Cristovo e Os Remedios).

Lugares e parroquias Lugares de Couso

Parroquias de Gondomar

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lugares de Gondomar Ligazóns externas Couso na páxina da Diocese de Tui-Vigo.

Categoría:Parroquias de Gondomar Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de san Cristovo