miniatura|Daniel Scioli nun acto ofiical en 2008 Daniel Osvaldo Scioli, nado en Buenos Aires, o 13 de xaneiro de 1957, é un político, deportista e empresario arxentino, gobernador da provincia de Buenos Aires desde 2007 e candidato á presidencia da Arxentina nas eleccións de 2015.
Orixe É fillo de José Osvaldo Scioli e de María Esther Méndez. Posúe por liña materna ascendencia galega xa que os seus avós Antonio Méndez Vázquez e Manuela Varela Touriño eran oriúndos da Coruña e de Pontevedra respectivamente.
Traxectoria Durante as décadas de 1980 e 1990, Scioli foi un recoñecido deportista náutico, oito veces campión mundial de motonáutica. Logo de retirarse entrou en política, como membro do Partido Xusticialista polo que foi deputado nacional (1997-2002), e tamén secretario de deportes e mais de turismo (2002-2003).
Foi vicepresidente da República Arxentina durante a presidencia de Néstor Kirchner (2003-2007) e desde o 10 de decembro de 2007 é gobernador da provincia de Buenos Aires, Reelixido en 2011, foi tamén o presidente do Partido Xusticialista entre 2010 e maio de 2014. Candidato a presidente da Arxentina pola Fronte para a Vitoria para as eleccións do ano 2015, acompañado por Carlos Zannini como candidato a vicepresidente. Nas eleccións primarias dese ano logrou o primeiro lugar entre todos os candidatos, impoñendose cun 38,41 % dos votos válidos, triunfando en 20 dos 24 distritos electorais.
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Deputados do Congreso da Nación Arxentina Categoría:Deportistas da Arxentina Categoría:Vicepresidentes da Arxentina