Mass Effect 3 é un videoxogo de ciencia ficción, rol e shooter de 2012 desenvolvido por BioWare e publicado por Electronic Arts para Microsoft Windows, Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U. Anunciado oficialmente o 11 de decembro de 2010, foi publicado o 6 de marzo de 2012 sendo o capítulo final na triloxía Mass Effect, completando a historia do Comandante Shepard. A versión para Wii U anunciouse na conferencia de Nintendo da Electronic Entertainment Expo de 2012. A adaptación para Wii U foi desenvolvida por Straight Right e publicada baixo o título Mass Effect 3: Special Edition.
O sistema de combate de Mass Effect 3 foi modificado dende os títulos previos. O sistema de cobertura foi mellorado, engadíronse mortes instantáneas en combate corpo a corpo, granadas de tipo máis convencional e unha intelixencia artificial mellorada. Tamén se incluíu un modo cooperativo multixogador para catro xogadores. A historia de Mass Effect 3 cambia substancialmente dependendo das decisións tomadas polo xogador en Mass Effect e Mass Effect 2 ao importar unha partida gardada dende este último.
Mass Effect 3 tivo grande éxito comercial e recibiu boas críticas dos medios. Porén, os posibles finais da historia do xogo recibiron as críticas de moitos xogadores, o que contribuíu a que Bioware publicase un contido descargable gratuíto que elaboraba as consecuencias da decisión tomadas polo xogador ao escoller o final e máis durante toda a serie, así coma aclarando varias dúbidas no argumento. O xogo foi nomeado a cinco premios Spike de 2012, gañando o de Mellor Xogo de Rol.
Notas
Categoría:Videoxogos de 2012 Categoría:Videoxogos de acción Categoría:Videoxogos de rol Categoría:Videoxogos de ciencia ficción Categoría:Videoxogos de PlayStation 3 Categoría:Videoxogos de Xbox 360 Categoría:Videoxogos de Windows Categoría:Videoxogos de Wii U Categoría:Videoxogos de iOS Categoría:Videoxogos de BioWare Categoría:Videoxogos de Electronic Arts Categoría:Mass Effect Categoría:Videoxogos desenvolvidos no Canadá Categoría:Videoxogos de Kinect