Santa María de Bermés é unha parroquia do concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 227 habitantes (114 mulleres e 113 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 283 habitantes.

Patrimonio En 1978 descubríronse en Bermés catro estelas funerarias dos séculos I-III, preto do centenario Carballo Grande.

Festas Celébrase O Clamor, rogativa para demandar choiva, cun intercambio de imaxes entre Bermés e Vilariño, e a recuperada Feira das Mulas ou Feira do Vento, no lugar do mesmo nome.

O 14 de agosto comezan as súas festas patronais, coa celebración da Festa do Xamón. Nesta festa, celebrada desde 1999, pódese degustar este produto gratuitamente mercando unha xerra conmemorativa do evento.

Nesta parroquia fundouse a Banda de música de Bermés.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Bermés

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Bermés na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santa María