Hermann Kosterlitz, nado en Berlín (Alemaña) o 1 de maio de 1905 e finado en Camarillo (California) o 21 de setembro de 1988 foi un director de cinema de orixe alemá que traballou nos Estados Unidos, coñecido como Henry Koster.
Traxectoria
Koster naceu en Berlín, fillo dun vendedor que abandonou o fogar cando o seu fillo aínda era novo. Entrou no mundo do cinema sobre 1910 cando o seu tío abriu un dos primeiros cines de Berlín. A nai de Koster tocaba o piano para acompañar os filmes mentres o seu fillo os vía.
Koster rematou o instituto en Berlín mentres traballaba como escritor de relatos e debuxante e despois foi contratado por unha compañía cinematográfica como guionista, pasando logo a ser axudante do director Curtis Bernhardt. Un día que Bernhardt caeu enfermo pediulle a Koster que o substituíse.
Koster tivo problemas pola súa orixe xudía e sabía que tiña que marchar. Tras perder os nervios un día marchou directamente á estación e colleu un tren a Francia, onde volveu ser contratado por Bernhardt, que marchara con anterioridade. Pasou logo a Budapest, onde coñeceu e casou con Kato Kiraly en 1934. Dous anos despois conseguiu un contrato para traballar con Universal Pictures en Hollywood. Aínda que non falaba inglés, o estudio convenceuno para dirixir Three Smart Girls, con Deanna Durbin. O filme foi un éxito e evitou a bancarrota da Universal.
Nun club nocturno de Nova York descubriu a Abbott and Costello e convenceu á Universal para contratalos. O seu primeiro filme foi One Night in the Tropics. A protagonista feminina, Peggy Moran, converteuse na segunda esposa de Koster en 1942. Cando casaron prometeulle que estaría en todos os seus filmes. Fíxoo, mais cunha estatua dela.
Durante a segunda guerra mundial Koster foi considerado un inimigo infiltrado a pesar da súa fuxida da Alemaña nazi e tivo que quedar na casa, recibindo as visitas de Charles Laughton, co que xogaba ao xadrez.
A súa carreira trala guerra foi tamén afortunada: foi candidato ao Oscar ao mellor director por The Bishop's Wife (1947); dirixiu o éxito de James Stewart Harvey (1950) e o primeiro filme estadounidense de Richard Burton, My Cousin Rachel. En 1953 foi o director de The Robe, primeiro filme en CinemaScope.
Retirouse en 1965 e dedicou o resto da súa vida á pintura.
Filmografía seleccionada Guionista The Great Opportunity (1925) Orphan of Lowood (1926) Prinz Louis Ferdinand (1927) The Last Fort (1928) Diary of a Coquette (1929) The Last Company (1930) Who Takes Love Seriously? (1931) The Rebel (1932) Five from the Jazz Band (1932) The Tunnel (1933) The Weaker Sex (1933) Polish Blood (1934)
Director Thea Roland (1932) Peter (1934) Little Mother (1935) Catherine the Last (1936) Three Smart Girls (1936) One Hundred Men and a Girl (1937) The Rage of Paris (1938) The Affairs of Maupassant (1938) Three Smart Girls Grow Up (1939) First Love (1939) Spring Parade (1940) It Started with Eve (1941) Between Us Girls (1942) Music for Millions (1944) Two Sisters from Boston (1946) The Unfinished Dance (1947) The Bishop's Wife (1947) The Luck of the Irish (1948) Come to the Stable (1949) O inspector xeral (1949) Wabash Avenue (1950) My Blue Heaven (1950) Harvey (1950) No Highway in the Sky (1951) Mr. Belvedere Rings the Bell (1951) Elopement (1951) Stars and Stripes Forever (1952) My Cousin Rachel (1952) The Robe (1953) Désirée (1954) A Man Called Peter (1955) The Virgin Queen (1955) Good Morning, Miss Dove (1955) D-Day the Sixth of June (1956) The Power and the Prize (1956) My Man Godfrey (1957) Fräulein (1958) The Naked Maja (1958) The Story of Ruth (1960) Flower Drum Song (1961) Mr. Hobbs Takes a Vacation (1962) Take Her, She's Mine (1963) Dear Brigitte (1965) The Singing Nun (1966)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
CineSource Magazine - Henry Koster, A Life in Movies
Categoría:Directores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Guionistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Berlín Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1988