O castelo de Cedofeita foi un castelo medieval situado na parroquia de Lérez, no concello de Pontevedra.

A construción orixinal consistía nunha atalaia defensiva na pendente dun outeiro, dominando a ría de Pontevedra, na contorna da ruta Tui-Santiago. Probablemente este castelo estivese construído sobre as estruturas dunha construción castrexa anterior.

Historia Tense constancia por vez primeira do castelo de Cedofeita no ano 916, nunha doazón do rei Ordoño II e a raíña Elvira ao abade Guntado do mosteiro de Lérez. Nesa doazón, referíase ao castelo co nome de Citofacta, tal e como se mencionaba nunha das súas inscricións:

Notas

Véxase tamén Bibliografía (2007): Catro exemplos de fortificacións altomedievais galegas do seculo X: Castellum de Aranga, Castellum Minei, Castellum Berreti e castellum de Citofacta. Xunta de Galicia. http://hdl.handle.net/10261/23122

Outros artigos Castelos de Galicia

Cedofeita Categoría:Pontevedra Categoría:Castelos de Galicia sen imaxes Categoría:Pontevedra sen imaxes