Santo Adrao de Moneixas é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2008 tiña 257 habitantes (138 mulleres e 119 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2000 cando tiña 256 habitantes. Atópase a uns 2 quilómetros da capital do concello.

Historia A parroquia pertenceu ao condado de Coto Redondo do que eran señores os monxes de Aciveiro, que tiñan en Moneixas granxa e paneira, como recorda o topónimo da aldea do Coto.

Patrimonio A súa igrexa parroquial foi reconstruída en tempos recentes pero conserva restos románicos do primitivo edificio (finais do século XII, principios do XIII). No templo hai unha capela dedicada á Virxe do Carme, erixida como santuario nos anos cincuenta.

Hai un cruceiro cun capitel historiado con imaxes e símbolos da Paixón.

Actividade cultural O grupo de gaiteiros Os Dezas estivo activo desde a década de 1920. En 1994 creouse unha nova banda de gaitas que recolleu esa denominación.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Moneixas

Parroquias de Lalín

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lugares de Lalín

Ligazóns externas Moneixas na web do concello de Lalín

Categoría:Parroquias de Lalín Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Adrao