Lo mejor de Luar na Lubre. XV Aniversario é un álbum recompilatorio do grupo de folk galego Luar na Lubre. Publicouse o 4 de febreiro de 2001, baixo o selo Warner Music.
A edición está composta dun CD onde se inclúen éxitos do grupo e dúas actuacións en directo: "O berce do sol" e "Muñeira do Miño", gravadas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no ano 2000. Ademais, conta coa colaboración de Pablo Milanés en "Tu gitana", Ismael Serrano en "Chove en Santiago" e Hevia en "Grial". O disco inclúe 3 temas inéditos: "Camariñas", "Grial" e "Terra".
Cronoloxicamente, publicáronse no álbum O son do ar (1988) os seguintes temas: "O son do ar", (tamén no álbum Plenilunio, de 1997), "A frol d'augoa" e "O berce do sol". Corresponde ao álbum Beira Atlántica (1990) o tema "Muiñeira do Miño" (gravado en directo). Do álbum Plenilunio (1997) son os temas "Tu gitana" (coa colaboración de Pablo Milanés) e "Galaecia". Por último, pertencen ao álbum Cabo do mundo (1999) os temas: "Nau", "Chove en Santiago" (con Ismael Serrano), "O trebón" e "Heicho de dar".
Lista de cancións
Colaboracións John Parsons: guitarra (1, 2, 3, 5, 6) Alfonso Morán: baixo, contrabaixo (2, 5) Elías García: bouzouki (2, 5, 6) Daniel Cerqueiro: guitarra (8) Fernando Villar: teclados (1, 2, 5, 6), programacións (2, 5) Marcos Represas: clarinete (4, 12) Faltriqueira: coros (4) Paula Oanes: arpa (3)
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Datos do álbum en itunes.apple.com
Categoría:Álbums musicais de 2001 Categoría:Álbums de Luar na Lubre