Antonio Rodríguez Vázquez, nado en Santiago de Compostela o 7 de decembro de 1965, é un avogado e político galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, fixo un mestrado en dereito de Internet internacional. Traballa profesionalmente nun despacho de avogados de Santiago de Compostela.

Nas eleccións municipais de 2015 figurou na candidatura de Cidadáns ao concello de Ames, aínda que non foi elixido concelleiro (ía de número 6 e a súa formación obtivo 1 representante). Nas eleccións xerais de 2015 logrou a acta de deputado pola provincia da Coruña mais logo de o seu partido destituílo Ex-militantes de C's constitúen Vía Centrum Partido Demócrata TVG, 9 de agosto de 2016 como cabeza de lista para as eleccións do 26 de xuño de 2016 foi un dos promotores da formación dunha nova forza política, Vía Centrum Partido Demócrata.Nace Vía Centrum, un novo partido de centro , Galicia Confidencial, 10 de agosto de 2016

Vida persoal Está casado e vive na Aldea Nova (Ames). Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Antonio Rodríguez Vázquez: «Me sitúo más hacia la izquierda; hacia la derecha, poco o nada». Entrevista en La Voz de Galicia Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XI Lexislatura) Categoría:Políticos de Cidadáns - Partido da Cidadanía Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1965 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes